5/17/2015

O Galicia de Mugardos ascende á Terceira División



O Galicia de Mugardos fai historia ao ascender a Terceira División
A victoria do Galicia de Mugardos este domingo por 1-2 (goles de Álex Díaz e Adrián) ante o Residencia permítelle ao conxunto da Pedreira facer historia e ascender por vez primeira a Terceira División. O equipo mugardés compartirá categoría a vindeira tempada co As Pontes, que pechou este sábado un novo ano deportivo neste grupo.
A afección apoiou de xeito incondicional ao equipo nas últimas semanas, nas que xa se vislumbraba a posibilidade agora concretada. O Galicia de Mugardos pecha esta xornada na segunda posición do grupo norte de Preferente Autonómica, que garante o ascenso directo, só superado polo Negreira, con oito puntos máis que os mugardeses, 79 ante 71.

Perigo!! gaseiro 194 cargado con GNL para Reganosa



Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 194, “Iberica Knutsen”, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca:

CONCENTRACIÓN

Lúns, 18 de maio, ás 20 hs (oito da tarde)
diante do Edificio da Xunta de Galicia
(Praza Amada García – Ferrol)

Características do buque:
Nome.- Iberica Knutsen, Bandeira.- Noruega, Eslora.- 277 m, Manga.- 43.44 m, Calado.-11.4 m Capacidade.- 138.000 m³ de GNL


                                          PLANTA DE GAS : PECHE XÁ !


PASO A PASO