4/14/2016

Rolda de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia



O Comité Cidadán de Emerxencia fixo onte 13 de abril, no Salón de actos do Ateneo Ferrolán, ante os Medios de Comunicación e a cidadanía, unha extensa valoración da Sentenza do Tribunal Supremo que declara de xeito irrevocable a nulidade da Autorización Previa de Instalación da Planta de Gas de REGANOSA.

Participaron: o Alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, a Asesora Xurídica do CCE Patricia Gabeiras, o Coordinador Manuel Rodríguez Carballeira, a Presidenta da A. VV. “O Cruceiro” de Mehá, e os membros do CCE Francisca Portela e Carlos Álvarez, que reafirmaron a ilegalidade desta Planta, perigosa, innecesaria e antieconómica.



PASO A PASO