6/16/2011

Perigo!! gaseiro 93 cargado con GNL para Reganosa

LNG "Castillo de Villalba" en Reganosa, Xullo de 2008

CONCENTRACIÓN NO PORTO DE FERROL,
NO PEIRAO DE CORUXEIRAS
[ANTIGA FÁBRICA DE XELO]
ÁS 8 DA TARDE, DO VENRES 17 DE XUÑO

O LNG "Castillo de Villalba", un buque gaseiro de grande porte, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Venres 17 de Xuño de 2011. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 93, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.
Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Venres, ás 8 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar No porto de Ferrol, Peirao de Coruxeiras -Antiga Fábrica de Xelo, unha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?.

Antes de que suceda unha catástrofre



Ártabra 21

6/07/2011

O Galicia de Mugardos fai oficial a renovación de Germán Amil e de oito xogadores


A xunta directiva do Galicia de Mugardos xa traballa na confección do persoal de face á próxima tempada. Logo de chegar a un acordo para a continuidade de Germán Amil á fronte do banco, comezouse a falar cos futbolistas e xa se produciron as renovacións de Agustín, Rubén Seco, Manel, Adrián Martínez, Rouco, Óscar Pérez, Fran e Juan Jesús, mentres que Jorge regresará á disciplina do As Pontes, conxunto do que estaba cedido, do mesmo xeito que Marcos Remeseiro ao Racing. Diego Seco causa baixa, porque se marcha a traballar a Cataluña.
Ao longo da semana vaise a continuar falando co resto de compoñentes do equipo, aínda que algúns dos que se lles ofreceu seguir, aínda non contestaron á proposición do club.
A intención do corpo técnico é manter o maior número posible de futbolistas e unha vez que respondan todos á oferta, estudaranse as posicións que hai que reforzar, aínda que xa se está en contacto con varios xogadores para tratar de potenciar o conxunto coa intención de non pasar os apuros desta tempada, na que non puideron certificar a súa permanencia ata a última xornada.

Diario de Ferrol

voltaaria.com