7/18/2012

O Que Non di Reganosa



Tras a Sentenza inapelable do Tribunal Supremo do pasado 11 de Maio, a actividade da planta de Reganosa é ILEGAL.

O venres dia 20 o CCE ten convocada a VI Marcha a PE a Mugardos para exixir o cese da actividade, baixo o lema: Paso a Paso . Planta de gas fóra da Ría.

Reganosa tenta de confundir e enganar á cidadanía para seguir mantendo unha actividade ilegal e perigosa. Reganosa presenta a súa actividade como ”beneficiosa” e ”necesaria” para a economía nembargantes esto contradí a realidade dos feitos, a saber:

Durante o ano 2011 a actividade da planta non acadou o 40%, durante 260 dias estivo por debaixo do mínimo técnico e 65 en mínimo tecnico (segundo datos do xestor técnico do sistema). Reganosa é deficitaria, e no ano 2011 custounos aos cidadáns perto de 58 millóns de euros.

Os socios de Reganosa (Tojeiro, Endesa, Fenosa) para xustificar o proxecto e conseguir a autorización da Comisión Nacional da Enerxia, se comprometeron a consumir o 85% do nominal da planta. Segundo os datos do Inega, durante o 2010, o consumo dos ciclos combinados en Galicia (Endesa, Fenosa) acadaron o 4.8% da capacidade nominal de Reganosa, o grupo Tojeiro non consumiu nada. Esta realidade amosa o fraude que cometeron cos datos aportados a Comision Nacional da Enerxía para obter a autorización da construcción da planta.

Na actualidade se manten pechada a entrada de gas a Galicia por gasoducto, que viña suministrando antes da entrada en funcionamento da planta en 2007 para xustifcar a “necesidade” de Reganosa. Uns gasoductos que teñen a capacidade para suministrar tanto para aos ciclos combinados como para o uso doméstico e industrial.

Tras a Sentenza do Supremo, o CCE demanda a paralización da actividade ilegal de Reganosa e a necesidade de abrir unha Comisión de Investigación no Parlamento que aclare o cúmulo de ilegalidades desde o seu comezo e depure as responsibilidades a que houbera lugar, iniciativa que asumeu xa o grupo parlamentario de IU.


"121 PROTESTA LEXÍTIMA"



O "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", realizou súa "121 Protesta Lexítima" contra a ubicación da planta de gas, e contra a navegación de gaseiros cargados con GNL no interior da Ría de Ferrol

Así como reclama que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo que di que Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol.



Este gaseiro fai o 122 que atraca en Reganosa, a pesar de ser a 121 concentración convocada. Fai uns días outro gaseiro descargaba na planta de gas, feito do que non tivemos coñecemento, senón esta sería a "122 PROTESTA LEXÍTIMA".

PASO A PASO


Comité Cidadán de Emerxencia

ferrolsuso blogspot.com

7/11/2012

VI Marcha a pé desde Ferrol até Mugardos







Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca a todas as entidades, colectivos e organizacións sociais, e a todas aquelas persoas interesadas a participar na convocatoria da VI Marcha a pé desde Ferrol até Mugardos, baixo o lema:   PASO A PASO,  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!


 Partirá ás 17 hs, do venres 20 de xullo do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, para chegar ao Campo dos Carneiros (*) en Mugardos en torno ás 20,30 hs, onde se pode disfrutar da camaradería, da música e da comida.
A marcha pódese facer completa ou por etapas, a pé, en bici, en coche. Colaborando con coches de apoio. Agardando en Mugardos aos que chegarán camiñando.
PARTICIPA E DIFUNDE

Tras a recente sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a ubicación de Reganosa, temos que exixir o fin desta amenaza e deste despilfarro de cartos públicos. Temos que exixir o seu peche definitivo.

(*) O espazo onde remata a Marcha, en principio anunciada para a Praza do Mercado, onde se viña celebrando nas últimás edicións, trasládase por decisión do Concello de Mugardos ao Campo dos Carneiros, lugar a carón das Vivendas Sindicais de Mugardos.


Ártabra 21
Comité Cidadán de Emerxencia

XXII FESTA DO POLBO EN MUGARDOS


SÁBADO 14 DE XULLO

sábado día 14 de xullo comeza un ano máis a Festa do Polbo de MugardosNesta ocasiónademais de poder degustar o polbo do noso municipio contaremos coas seguintes actividades:
Ás 12:00 venda de tickets no Parque da Constitución e ás 13:00 comeza a degustación do polbo. Acharanga "Vai rañala Meuamenizará a degustación.
Ás 17:30 na avenida de Galicia a charanga "Kilomberos" continuará a festa que rematará á noite coaactuación da orquestra "Ismael" no peirao de MugardosEsta actuación comezará ás 23:00 horas.

Conclusións da Asemblea Cidadá




O lúns 9 de xullo de 2012, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, e cunha nutrida representación das entidades que o conforman e numerosas participacións personais, celebrouse a Asemblea Cidadá, na que se analizou a situación actual da Planta de Gas, tras a Sentenza do Tribunal Supremo que ven a confirmar a ilegalidade da ubicación de Reganosa e das actuacións administrativas que autorizaron o seu funcionamento.

Súmase agora a súa condición de ser unha Planta innecesaria, deficitaria, destructora do medio e da economía da Ría e unha ameaza permanente para a poboación, unha nova e grave situación: Declarada xudicialmente ilegal, carece de cobertura de riscos ante calquera daño producido.
Coincide a celebración desta Asemblea co fallo xudicial (unha condea de sete meses, seis de seis e unha absolución) contra os oito mariscadores acusados de impedir no 2007 a entrada dos gaseiros. Aquelas accións, como toda a cidadanía sabe, e o xulgado decide iñorar, foron convocadas polo CCE participando nelas, amáis de numerosos mariscadores, máis de duascentas persoas cuxa autoinculpación foi desestimada, nun claro intento de desvincular o tema do que era a súa principal motivación: A defensa da vida e da ría fronte a ameaza de Reganosa e do ilegal tráfico de gaseiros.

A Asemblea acordou seguir amosando a súa solidaridade cos traballadores e traballadoras do mar, e continuar co seu apoio caso de recorrirse a sentenza.
Para o CCE e para a Asemblea Cidadá quedou claro que a sentenza inapelable do T.S. Marca unha nova etapa de traballo que irá centrada en exixir dos poderes públicos a paralización da actividade de Reganosa.

Desde o ámbito institucional, se emprenderán accións ante o Valedor do Pobo, a Fiscalía Anticorrupción, e os Parlamentos, instando o peche de Reganosa e a depuración de responsabilidades. Tamén no eido local serán presentadas Mocións solicitando o posicionamento dos Concellos ante a nova situación da Planta.

Nas próximas datas terán lugar unha serie de accións encamiñadas a dar a coñecer a cidadanía todas estas actividades emprendidas.

Rematou a Asemblea, convidadando a toda a cidadanía a participar na VI Marcha a Pé Ferrol – Mugardos, que partirá ás 17 hs, do venres 20 de xullo do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, para chegar aprox, as 9 da noite á Praza do Mercado de Mugardos, onde se celebrará un sinxelo acto de confraternidade, con música e viandas como é habitual.


7/03/2012

A Xunta autorizou dragar a ría de Ferrol agochando os seus propios informes ambientais en contra



 
Logo de ter denunciado diante da Fiscalía e da Comisión Europea as irregularidades cometidas pola Xunta e o Ministerio no dragado da ría de Ferrol, o Valedor do Pobo vén de achegar a ADEGA unha información chave que demostra até onde chega a chafallada administrativa neste asunto. O Valedor destapa un pdfinforme técnico do Servizo de Conservación da Natureza (2,87 MB) reiteradamente ocultado pola Xunta, que considera o dragado "ambientalmente incompatible coa conservación dos hábitats e especies presentes", nunha área (LIC Costa Ártabra) parte da Rede Natura 2000. Primeiro, Xunta e Portos aproban un proxecto sen os informes preceitivos. Logo de comezadas as obras a Xunta cociña unha autorización ambiental para "salvar a cara" baseada nun suposto informe técnico, documento que non figura no expediente. E finalmente, coas obras xa rematadas aparece o devandito informe que, curiosamente, recomendaba a non execución da obra polos seus impactos sobre hábitats e especies en perigo de extinción.





          [Ler máis]