11/27/2008

¡Que veñen os rusos!

A inminente integración de Unión Fenosa en Gas Natural está ligada ao futuro de Repsol. Pero a gasista catalá necesita saber quen será o seu accionista de referencia antes de liquidar a súa opa sobre a eléctrica galega. E o futuro dono da compañía resultante dependerá das intencións de Lukoil se finalmente entra en Repsol. Os analistas apostan por que será La Caixa quen se fará co control de Unión Fenosa-Gas Natural, aínda que manteñen dúbidas respecto dos calendarios.

¿Interésalle a Lukoil controlar Gas Natural?
Si. Aínda que a súa prioridade é o 30% de Repsol, facéndose co paquete dominante en Gas Natural, os rusos ampliarían o seu mercado gasístico. Agora manteñen activos na prospección e extracción de petróleo e gas. Pero o tándem Unión Fenosa-Gas Natural controlará un mercado de 20 millóns de clientes e case 19.000 megawatts de potencia instalada. Fenosa achegará as súas participacións nas plantas de regasificación de Sagunto e de Reganosa e nas de licuefacción de Damietta (Exipto) e Qalhat (Omán). Ademais, sumará 6,5 bcm (miles de millóns de barrís), aos 25 que xa posúe Gas Natural. Sen dúbida, un bocado apetitoso para Lukoil.

Sem comentários: