1/04/2010

Monumental enfado do público na Pedreira

Galicia de Mugardos 2-2 Chantada

O Galicia de Mugardos desperdiciou unha boa oportunidade para conseguir unha vitoria, xa que non puido pasar do empate a dous tantos no seu enfrontamento ante o Chantada.
Na primeira metade adiantouse o cadro visitante, polo que o descanso chegouse co 0-1. Na continuación, o conxunto de Cata reaccionou e en apenas dous minutos deulle a volta ao tenteador con dous tantos de Dani Eume e Juan Jesús, este último cun espectacular lanzamento de falta. A partir dese momento, o equipo local buscou a sentenza, pero se atopou cun tanto en contra logo dunha protesta dos seus xogadores por entender que se produciu unha falta, pero o colexiado non viu ningunha infracción e deu validez ao gol.
Quedaban poucos minutos e o Galicia de Mugardos non puido levar os tres puntos.

Sem comentários: