2/18/2010

Apresado en Mugardos un ra furtivo

Efectivos do Servizo de Inspección Pesqueira da Xunta, a Garda Civil e a unidade de vixilancia da Confraría de Pescadores de Ferrol interceptaron a media tarde de onte a un furtivo na ensenada da Redonda, en Mugardos, tal e como informaron fontes relacionadas coa operación.

O ilegal extraía ameixa cun equipo de mergullo con botellas. Quitara vinte quilos deste bivalvo que, na actualidade, non pode ser consumido ao atoparse nunha área declarada zona C e que require dun proceso de depuración biolóxica previo á súa venda. O requisado foi devolto á auga.
Desde a confraría ferrolá resaltouse que a colaboración dos servizos da Xunta permite que se consigan resultados positivos como o mencionado para mellorar a loita contra o furtivismo.

Sem comentários: