Mostrar mensagens com a etiqueta Perigosa. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Perigosa. Mostrar todas as mensagens

8/05/2016

Rolda de Prensa ofrecida hoxe polo CCE


Hoxe, no Ateneo Ferrolán, o Comité Cidadán de Emerxencia ofreceu unha Rolda de Prensa, que contou coa presenza e o apoio explícito da Deputada de En Marea Yolanda Díaz,  dos Concelleiros Suso Basterrechea e Sainza Ruíz por Ferrol en Común, Beatriz Sestayo, Rosa Méndez e Germán Costoya polo PS de G – PSOE,e  Iván Rivas polo BNG.
Ante os medios de comunicación e as persoas asistentes, a título personal o en representación de moitas das Entidades e Asociacións que compoñen este CCE, o Coordinador amosou a satisfacción do Comité polas catro sentenzas favorables do Tribunal Supremo, facendo especial análise da última, referente a anulación de Plan de Emerxencia Exterior e desmentindo as manifestacións de REGANOSA de que hai outro vixente de 2013, posto que a pesar  de non axustarse tampouco á legalidade caduca aos tres anos.
Púxose de manifesto que o acordo do consello de ministros en funcións presidido por Rajoy, do 27 de Maio, ao excluír a Reganosa da aplicación da lexislación medioambiental e o das posteriores autorizacións concedidas, constitúen un desacato ás sentencias do Supremo, un  golpe contra o estado de dereito.
Tanto o Goberno de Rajoy como o da Xunta de Galicia (Feijoo) están implicados nunha actuación corrupta a prol do grupo empresarial de Reganosa.
Yolanda Díaz enumerou as iniciativas presentadas no Congreso polo seu Grupo Parlamentario e os portavoces dos Grupos Municipais manifestaron o seu apoio a CCE e Á legalidade demandando o cumprimento das Sentenzas do Supremo que reiteradamente declaran a REGANOSA  fora da legalidade, e exixindo o cese da actividade nesta Planta perigosa, innecesaria e economicamente deficitaria e a súa saida do Sistema Retributivo.



5/24/2016

Acto do 2 de xuño





Será un acto musical e poético, con intervencións en apoio á loita contra REGANOSA, ao que asistirá a abogada do CCE Patricia Gabeiras, e  ao que están confirmando a súa participación numerosas Asociacións, Entidades e persoas vinculadas de sempre á defensa da legalidade, da Ría e da Vida.



PASO A PASO




7/12/2015




O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, como xa é tradicional, convoca para o vindeiro:

Venres 17 de xullo 2015

IXMarcha a pé Ferrol Mugardos


Co lema: Fóra da Ría! Saída ás 17 hs. desde o Parque Carmelo Teixeiro, en Caranza – Ferrol; percorrendo a ponte de As Pías, Perlío, Barallobre, Maniños, Franza, A Pedreira, Reganosa, Mehá e chegada ao Campo dos Carneiros en Mugardos, onde se celebrará un sinxelo acto de confraternidade, con música e merenda.


PASO A PASO

Comité Cidadán de Emerxencia

Ártabra 21

6/07/2015

Perigo!! gaseiro 195 cargado con GNL para Reganosa

Reganosa

Estando prevista a entrada na Ría dun gaseiro, o número 195, cargado con GNL para Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca:


CONCENTRACIÓN


Lúns, 8 de xuño, ás 20 hs, 
diante do Edificio da Xunta de Galicia
Praza Amada García – Ferrol.



Paso a Paso


 Comité Cidadán

5/17/2015

Perigo!! gaseiro 194 cargado con GNL para Reganosa



Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 194, “Iberica Knutsen”, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca:

CONCENTRACIÓN

Lúns, 18 de maio, ás 20 hs (oito da tarde)
diante do Edificio da Xunta de Galicia
(Praza Amada García – Ferrol)

Características do buque:
Nome.- Iberica Knutsen, Bandeira.- Noruega, Eslora.- 277 m, Manga.- 43.44 m, Calado.-11.4 m Capacidade.- 138.000 m³ de GNL


                                          PLANTA DE GAS : PECHE XÁ !


PASO A PASO


4/19/2015

Perigo!! gaseiro 192 cargado con GNL para Reganosa


"Castillo de Villalba" operando na terminal de Mugardos

Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 192 gaseiro cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" convoca a súa 192 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros no interior da nosa ría. 

Así como reclamamos que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo, que dictaminou que a planta de gas de Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol, (esta sentenza é inapelable). 

Concentración: 

Luns, 20 de abril, ás 19:00 h. diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García – Ferrol) 

Características do buque: Nome.- Castillo de Villalba, Bandeira.- España, Eslora.- 284.4m, Manga.- 42.5 m, Puntal.-57.7 m, Calado.-11.4 m, Capacidade.- 138.000 m³ de GNL 



PASO A PASO





Iniciativa de AGE contra a ampliación de Reganosa

Foto de Dani Garcia (Mugardos)


Iniciativa contra a ampliación da Planta de Gas de Reganosa, presentada polo Grupo Alternativa Galega de Esquerdas, no Parlamento Galego.

Ler Máis.

Comité Cidadán de Emerxencia

4/03/2015

Nota do CCE sobre a ampliación de Reganosa

Reganosa (César Toimil)

 Ante as noticias difundidas por Reganosa e a Xunta de Galicia sobre unha posible ampliación da capacidade de almacenaxe e regasificación de Reganosa o Comité Cidadán de Emerxencia quere aclarar á cidadanía de Ferrolterra o seguinte:

A demanda de gas para a xeración eléctrica e para consumo convencional está en descenso continuado desde o ano 2008. A produción anual da planta de gas de Reganosa ven diminuíndo progresivamente desde a súa posta en funcionamento (informe de Enagas 2014). O ratio de utilización da planta de Mugardos segue diminuíndo cada ano. De feito durante o ultimo ano 2014 foi do 28.6%.

A pesares da escasa produción de Reganosa, de que a demanda de consumo de gas non se prevé que suba senón que baixe, os promotores de Reganosa pretenden duplicar a capacidade de regasificación da planta, argumentando unha necesidade ficticia de gas para xustificar un aumento da capacidade de produción. Non hai mais motivo que acadar unha maior retribución fixa, xa que o sistema gasístico do estado español, retribúe ás empresas gasísticas en función da capacidade de produción outorgada, non da produción real.

A Xunta de Galicia do PP como socia de Reganosa, avala a ampliación da planta de Reganosa que non se sustenta en dato algún, inflando a burbulla enerxética, e o chamado Déficit enerxético ( avaliado actualmente en 30.000 millóns de euros): unha estafa á cidadanía que fai que paguemos a enerxía mais cara de Europa. Ler máis

Paso a Paso
 




3/15/2015

Perigo!! gaseiro 190 cargado con GNL para Reganosa





Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 190 gaseiro cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" convoca a súa 190 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros no interior da nosa ría. 



Concentración: 

Luns, 16 de marzo, ás 19:00 h. diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García – Ferrol) 


Características do buque: 



Nome.- Iberica Knutsen, Bandeira.- Noruega, Eslora- 277m, Manga 43.44 m, Calado.-11.2 m, Capacidade.- 138.000 m³ de GNL 


PASO A PASO

 
 


ferrolsuso.blogspot

Ártabra 21

2/12/2015

Perigo!! gaseiro 189 cargado con GNL para Reganosa



Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 189 gaseiro cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA a súa 189 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros no interior da nosa ría. 


Así como reclamamos que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo, que dictaminou que a planta de gas de Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol, (esta sentenza é inapelable). 


Concentración: 

Venres 13 de febreiro, ás 19 hs diante do Edificio da Xunta de Galicia, na Praza Amada García, Ferrol 

Características do buque:

Nome.- Castillo de Villalba, Bandeira.- España, Eslora.- 284.4m, Manga.- 42.5 m, Puntal.-57.7 m, Calado.-11.4 m, Capacidade.- 138.000 m³ de GNL


PASO A PASO




2/02/2015

Perigo!! gaseiro 188 cargado con GNL para Reganosa



Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 188 gaseiro cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA a súa 188 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros no interior da nosa ría. 
Así como reclamamos que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo, que dictaminou que a planta de gas de Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol, (esta sentenza é inapelable). 

Concentración: 

Martes 3 de febreiro, ás 19 hsdiante do Edificio da Xunta de Galicia, na Praza Amada García, Ferrol 



PASO A PASO




Comité Cidadán de Emerxencia



9/14/2014

Perigo!! gaseiro 179 cargado con GNL para Reganosa


Estando prevista a entrada na Ría dun vello gaseiro (34 años de antigüedade) cargado con GNL, nº 179
o Comité Cidadán de Emerxencia convoca:

CONCENTRACIÓN

Lúns 15 de setembro 2014, ás 20 hs.

Peirao de Curuxeiras

Características do buque:  Nome: Mourad Didouche, Ano Construción.- 1980,
Bandeira.Arxelia,Eslora.-274.42m,Manga.-42m, Puntal.-26.14 m,Calado.-13.30 m Capacidade.- 126.130 m³ de GNL,

Planta de Gas : PECHE XÁ !



PASO A PASO


Comité Cidadán de Emerxencia

Ártabra 21

9/03/2014

Tod@s paramos o Galicia Spirit


No nome do Comité Cidadán de Emerxencia ¡ GRAZAS! | A axuda solidaria impediu a entrada de Bastida no cárcere

O CCE manifesta o seu agradecemento a todas as persoas, que de forma individual, e a todas as formacións políticas e entidades cívicas (EU, Anova-IN, Espazo Ecosocialista Galego, A Revolta de Trasancos, Fuco Buxán, Colectivo Artabra 21, Adega, Plataforma de veciños “O Cruceiro de Mehá”), que de xeito colectivo, contribuíron coa súa axuda solidaria, a alcanzar os 4.995,25 €, cos que se cubríron con creces os recursos necesarios para impedir queBernardo Bastida entre no cárcere.

O CCE promoveu, en maio do 2007, a acción pola que foi condenado Bastida, o bloqueo da entrada na Ría do primeiro gaseiro cargado con GNL, nela participamos centos de persoas e a través da cal transcendeu mais aló da nosa comarca a barbaridade da planta de Reganosa, rompéndose os muros de silencio que invisibilizaban a nosa loita. Unha loita colectiva non podía admitir a condena dun só compañeiro, así o entenderon as persoas e entidades que mostraron a súa corresponsabilidade en apoio solidario.

Catorce anos de loita, de mobilización permanente en defensa da vida, da legalidade e da Ría. O caso da Planta de Gas de Reganosa é un proceso continuado de corrupción política-financieira. O pasado 18 de Xullo, celebrábamos a 8ª Marcha a Pé a Mugardos baixo o lema “Móvete contra a impunidade”. Rexeitada polo Tribunal a autoinculpación de decenas de persoas que participamos no bloqueo da Ría, é indignante observar a condena de Bastida, namentres os corruptos, os responsables de tamaña barbaridade campan con total impunidade. Algúns son premiados incluso, como Jose Luis Mendez ex-Presidente de Caixa Galicia, no Consello de Administración de Reganosa

Nestes últimos tempos o Comité Cidadán de Emerxencia, ten que facer fronte a outra dificultade engadida. O Goberno do PP, de Rajoy e de Gallardón, promoveron una contrarreforma xudicial (novas taxas etc…) coa que tentan impedir o acceso da cidadanía á xustiza e favorecer así a impunidade das grandes empresas e corporacións, como é o caso de Reganosa.

O CCE, que promove a mobilización permanente, con concentracións a cada entrada de gaseiro cargado con GNL na Ría, ten interpostos varios contenciosos xudiciais contra a planta de gas de Reganosa. O seu sostén require agora de máis recursos económicos, de aí que prosigamos coa campaña para a obtención dos mesmos e o sobrante do recadado para salvagardar a liberdade de Bastida se destine a este fin.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

8/01/2014

Perigo!! gaseiro 174 cargado con GNL para Reganosa



LNG "Pourt Harcourt en Reganosa 23/2/2011

Agárdase para mañá día 2 de Agosto a entrada na ría, para suministro da planta de Reganosa, do LNG "Port Harcourt" un vello gaseiro de 35 anos de antiguedade cargado con GNL, que fará o número 174 dos arribados.

É por isto polo que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha CONCENTRACIÓN de protesta este

sábado, 2 de agosto 2014, ás 20 hs,

Peirao de Curuxeiras – Ferrol

para amosar a súa desconformidade coa entrada na Ría de buques cun cargamento tan perigoso como é o GNL

Así como reclamamos que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo, que dictaminou que a planta de gas de Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol



PASO A PASO



Ártabra 21




11/03/2013

Perigo!! gaseiro 157 cargado con GNL para Reganosa


Madrid Spirit en Reganosa 29/08/2013

Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 157 gaseiro, cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA súa 157 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros na nosa ría. 

Así como reclama que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo que dictaminou que a planta de gas de Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol, esta sentenza é inapelable.

CONCENTRACIÓN: 
Martes, 5 de novembro ás 19:00 h, diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García - Ferrol) 

Características do buque: Nome.- Madrid Spirit, Bandeira.- España, Eslora.- 284.4 m, Manga.- 42.50 m, Puntal.-25.40 m, Calado.- 12.2 m, Capacidade.- 138.000 m³ de GNL

 PASO A PASO


Comité Cidadán de Emerxencia

ferrolsuso.blogspot


9/21/2013

Perigo!! gaseiro 154 cargado con GNL para Reganosa



Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 154 gaseiro, cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA a súa 154 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros na nosa ría. 


Así como reclamamos que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo, que dictaminou que a planta de gas de Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol, (esta sentenza é inapelable). 

CONCENTRACIÓN: 
Hoxe, Sábado 21 de setembro, ás 20:00 hs. no Peirao de Curuxeiras. 

PASO A PASO


8/17/2013

Perigo!! gaseiro 151 cargado con GNL para Reganosa


LNG "Rivers en Reganosa"


Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 151 gaseiro, cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA a súa 151 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros na nosa ría. 


Así como reclamamos que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo, que dictaminou que a planta de gas de Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol, (esta sentenza é inapelable). 

CONCENTRACIÓN: 
Hoxe Sábado, 17 de agosto, ás 20:00 hs. no Peirao de Curuxeiras. 

Características do buque: Nome.- LNG Rivers, Bandeira .- Bermudas, Eslora.- 289 m, Manga.- 48.2 m, Calado.- 12.3 m, Puntal.- 62.75 m, Capacidade.- 137.231 m3 


PASO A PASO



1/22/2013

Perigo!! gaseiro 134 cargado con GNL para Reganosa



Prevista a entrada na Ría, do vello gaseiro (33 anos de antiguedade) cargado con GNL, nº 134 “LNG Abuja” o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca
CONCENTRACIÓN
mércores, 23 de xaneiro ás 19 hs,
diante do Edificio da Xunta de Galicia
Praza Amada García – Ferrol

Características do buque:
Nome.- LNG Abuja, Ano Construción.- 1980, Bandeira.- Bahamas, Eslora.- 286 m, Manga.- 43.7 m, Puntal.- 43.74 m, Calado.-11.53 m, Capacidade.- 126.530 m³ de GNL

PASO A PASO