LNG Bayelsa
Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 160 gaseiro cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCOU a súa 160 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros no interior da nosa ría.
Así como reclamamos que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo, que dictaminou que a planta de gas de Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol, (esta sentenza é inapelable).
Concentración: Concentraronse hoxe, lúns, 13 de xaneiro 2014, ás 19 hs,
diante do Edificio da Xunta de Galicia Praza Amada García – Ferrol
PASO A PASO
Sem comentários:
Enviar um comentário