Mostrar mensagens com a etiqueta Accidentes. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Accidentes. Mostrar todas as mensagens

9/07/2009

Dous feridos nun accidente na estrada de Ares a Mugardos


Un rapaz e unha rapaza resultaron feridos onte nun accidente de tráfico que tivo lugar na estrada AC-130, que une os municipios de Ares e Mugardos. O sinistro tivo lugar minutos antes das once da mañá, no punto kilométrico 1.800, á altura do lugar coñecido como Alto de Simou. O vehículo no que viaxaban os dous mozos, un modelo Ford Focus, saíuse da vía e foi bater contra o muro de peche dunha finca próxima á estrada.
Ata o lugar desprazáronse unidades de protección civil, da policía local de Mugardos e da Guardia Civil de Tráfico, así coma os bombeiros de Ferrol, que procederon a excarcelar os ocupantes, atrapados no interior do automóvil. Por parte dos servizos sanitarios acodiron dúas ambulancias e mesmo o helicóptero de emerxencias do 112, aínda que finalmente non foi necesario o seu emprego.

Os feridos foron trasladados en ambulancia ó hospital Arquitecto Marcide. Segundo testemuñas do accidente, a rapaza xa recuperara a consciencia cando foi levada ó centro sanitario. Fontes do 061 citadas por AGN indicaron que o home, de 22 anos e iniciais R.R.C., estaba en estado grave, mentres que a muller, de 20 anos e iniciais T.C.R., só tiña feridas leves.
Segundo explicaron fontes policiais, aínda non se confirmaran as causas do accidente aínda que se barallaba como posible motivo o exceso de velocidade. O vehículo, como se aprecia nas imaxes, quedou moi deteriorado.

1/26/2009

"A Galicia profunda é a peor atendida en caso de emerxencia"

Via tximbalee en Chuza

-ENTREVISTA: Xerente da Axencia Galega de Emerxencias- (112 Emerxencias Galicia)
P.- Que zonas están menos atendidas?
R.- Obviamente a costa galega, onde hai máis densidade de poboación, está mellor atendida, e a Galicia profunda, a Galicia continental, é a que peor resposta ten.
P.- Estase aplicando o plan de emerxencia de Reganosa?
R.- Iso compete de Protección Civil, nós temos a xestión da emerxencia. Pero hai unha serie de empresas que polas súas características están obrigadas a dar unha resposta diante da emerxencia, interior ou exterior.

Artigo orixinal El País

12/09/2008

Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA)


Fai case un ano que botou a andar a Axencia Galega de Emerxencias (Axega), un novo organismo co que a Xunta pretende dar unha atención "integral e integrada" ás situacións de urxencia, en palabras do xerente, o navarro Francisco Echeverría.
Un accidente na autoestrada non é o peor que pode pasar en Galicia. A refinería da Coruña, a planta de Reganosa en Mugardos, os miles de petroleiros que cruzan as costas galegas.
P.- ¿Estamos preparados para unha destas urxencias?
R.- Hai plans de actuación para nevadas, incendios ou accidentes con mercancías perigosas, por exemplo, e están moi ben desenvolvidos en comparación aos doutras comunidades. Tamén hai plans específicos para a refinería ou Reganosa, por exemplo, que por lei está obrigada a ter un plan de urxencia interior e exterior. En canto á capacidade de resposta, hai recursos por toda Galicia, outra cousa é como se distribúen.