Mostrar mensagens com a etiqueta Ribeira. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Ribeira. Mostrar todas as mensagens

9/24/2009

A futura planta de gas licuado de Ribeira, un proxecto cheo de irregularidades

Cargadero de camións cisterna de Reganosa
O colectivo ecoloxista Verdegaia presenta un recurso de alzada contra a resolución da Consellaría de Industria que autoriza o proxecto de Gas Natural.
Malia as reiteradas denuncias sobre o incumprimento dos necesarios requisitos legais, o proxecto de construción dunha planta de gas licuado en Ribeira segue adiante. Contempla a instalación desta nova infraestrutura no monte de San Alberte, ao carón do polígono industrial de Xarás, co obxectivo de levar o gas a Ribeira dende Mugardos (Reganosa), mentres non estea operativo o gasoduto do Barbanza.
O colectivo ecoloxista Verdegaia presentou un recurso de alzada contra a resolución da Consellaría de Industria que dá autorización previa a esta planta satélite regasificadora de Gas Natural, alegando un longo listado de irregularidades, que comezan no incumprimento dos prazos legais, a súa perigosidade, a contaminación ou a falla dun necesario estudo de impacto ambiental.
Incumprimento dos prazos
Para comezar, a instalación desta planta farase no terreo municipal do Monte de San Alberte, nunha parecela que ten a clasificación de chan rústico de protección forestal, polo tanto, terreos veciñais e non urbanizábeis.
Ademais, Verdegaia denuncia o procedemento mediante o cal o concello lle alugou ese terreo a Gas Galicia, cando a instalación dunha planta de gas natural licuado non estaba autorizada polo DOG. É máis, a solicitude da planta someteuse a información pública en outubro do ano pasado, de xeito que pasaron seis meses (o prazo legalmente estabelecido) sen que se ditase unha resolución expresa, polo que tería de darse por desestimada.
A maiores, a comezos do mes de agosto, a Consellaría de Industria deu a súa autorización administrativa previa á planta de Ribeira (desoíndo as alegacións presentadas por Verdegaia sobre a falta de seguranza do proxecto ou a súa baixa sustentabilidade ambiental), mais instou ao concello a que avaliase o seu impacto. Até o de agora, ningún estudo se ten feito sobre este particular.
Incidencia ambiental
O previsíbel trasfego diario de camións-tanque de 21 toneladas de gas natural licuefacto supón, segundo alertan os ecoloxistas, "un perigo directo para máis de 12 mil persoas que habitan a menos de 500 metros da rota que separa Mugardos (Reganosa) de Ribeira", uns 156 quilómetros. Na aprobación "non se avalía o risco de transporte", insiste Verdegaia, "e non se teñen en conta accidentes como o de transporte de gas combustíbel como os acontecidos hai uns meses en Viareggio (Italia), no que morreron 28 persoas, ou en 2002 en Tivissa (Cataluña)".
Ademais, estas plantas contaminan polo propio gas que queiman para regasificar, unha cuestión da que alertan tamén os ecoloxistas: "o gas natural así, xa non é unha enerxía limpa".
Perigosidade pública
A estes riscos súmanse outras eivas na seguranza do proxecto: "hai que subliñar que un deseño baixo en postos de traballo, é dicir, trátase dunha planta de gas telexestionada, sen persoas para atendela presencialmente".
Ademais, "non inclúe sistemas de control redundantes, nin de alimentación eléctrica, nin de comunicación para as emerxencias". Segundo explica Verdegaia, o plano de emerxencias "semella estar feito para unha planta con persoal permanente, cunha longa lista de posíbeis incidencias, e dando instrucións de accións manuais para aplicar de contado que ninguén vai poder acometer".
Podes ver aquí a información máis detallada no Recurso de Alzada presentado por Verdegaia

11/21/2008

Planta satélite de gas natural licuado en Ribeira

” O 17 de outubro de 2008, foi publicada no DOG a “Resolución do 1 de outubro de 2008, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización e a aprobación do proxecto de execución da planta satélite de gas natural licuado (GNL) para a subministración á rede de distribución de gas natural do termo municipal de Ribeira (A Coruña), promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A.”
“No proxecto fálase dun suposto de consumo máximo de gas (1 hora punta de 3500m3 máis 10000 m3 totais ao longo do resto do día) que levaría a unha frecuencia de 6 enchidos por mes. Isto supón practicamente un camión de 35 m3 de gas licuado circulando pola estrada dende a planta de Mugardos ata Ribeira, co conseguinte perigo potencial.
Por outra banda, non hai que esquecer que a planta de Mugardos está a traballar ilegalmente, e a posta en funcionamento da planta de Ribeira incidiría na súa produción e polo tanto na súa ilegalidade”.

Via ReganosaDemolizón