1/12/2009

Un xigante contra o frío


O porto de Bilbao recibiu onte ao maior gaseiro do mundo, o "Mozah", procedente de Qatar, que atracou xunto á planta de Bahía Bizkaia Gas (BBG) tras a súa viaxe inaugural de 19 días. En plena onda de frío e de desabastecemento en Europa, este xigante transportou 140.000 metros cúbicos de gas natural licuado para os fogares e as industrias vascas, aínda que ten capacidade para case o dobre: 267.000.

Artigo orixinal

Guerra e Gas Natural: a invasión israelí de Gaza e dos campos mariños de gas

Via ReganosaDemolizón

Interesante artigo que trata da posible relación entre a xenocida ofensiva de Israel en Gaza e a xeopolítica do gas. Está en inglés mais paga a pena o esforzo…

O gas, o gas…

Guerra e Gas Natural: (a invasión israelí de Gaza traducido de forma automática).

1/10/2009

39 gaseiro ilegal na Ría de Ferrol

Via ferrolsuso.blogspot

Os medios de comunicación non informaron da entrada do 39 gaseiro.
Seguen ''Os muros de silencio'' contorna á planta de gas ilegal. Recordarlles que non cejaremos no noso enpeño de evitar unha catastrofe na ría de Ferrol, e salvagardar o ecosistema mariño, do cal dependen centos de familias de Ferrolterra.


O “LNG Maersk Ras Laffan” que chegou hoxe, fai o número 39, e destes, case unha decena tiveron algún tipo de impedimento máis ou menos serio para entrar na Ría con normalidade, por erro de rumbo, por condicións adversas, tiveron que desistir do primeiro intento ou atrasar a súa entrada.



Colectivo Ártabra 21

1/08/2009

Que o demo non o queira!

Hoxe, 14 de Xaneiro de 2032, ás 8 horas e 10 minutos, ocorreu.

A planta de gas licuado instalada, fai uns anos, no municipio de Mugardos, saltou polo aire.

A maior parte das casas próximas, quedaron reducidas a cinzas, o pobo foi arrasado, as victimas cóntanse por miles. Ao outro de lado da Ría, Ferrol, sufriu a onda expansiva da violenta explosión final, a xente, presa do pánico, dirixiuse nos arredores, ante a magnitude dos incendios declarados e a nube tóxica xerada.

As autoridades declararon, de inmediato, a alarma vermella e o Exército foi mobilizado para controlar a situación, ao considerar que a defensa nacional estaba en perigo, tendo en conta que unha das súas principais bases navais desapareceu. Os estaleiros de Navantia quedaron reducidos a cascallos.

Os labores de extinción dos incendios estanse producindo con gran lentitude, a pesar de acudir os servizos de bombeiros de toda Galicia, ven impotentes ante a magnitude do desastre.

Polos distintos medios informativos, continuamente, facilítase información aos afectados, sobre a conduta a seguir e comunícanse as instrucións das autoridades, para restablecer a orde.

De momento, o que sabemos sobre a orixe da catástrofe, é:

Ás 5 horas e 35 minutos de hoxe, aproveitando a pleamar, atraca no peirao de descarga da planta gasista de Mugardos, o buque de bandeira panameña "New Orleans" e disponse a descargar as 140.000 toneladas de gas licuado que, nas súas adegas levaba.

Ao pouco de iniciar o transvasamento, ao parecer, unha fuga na condución, entre o barco e os tanques de almacenamento da planta de gas, orixinou un incendio, que se estendeu ao propio barco, sen que os servizos de extinción puidesen sufocalo.

Tampouco se puido levar ao barco fóra da Ría, porque a situación da marea faría encallar ao mesmo.

Recórrese, á desesperada, ao afundimento do barco, para deste xeito afogar o incendio, extremo que se antolla inútil e desde as profundidades do mesmo xorde unha forte explosión, que lanza por toda a planta restos incandescentes de chatarra e que, á súa vez, propician novos incendios. Pouco despois, prodúcese unha segunda explosión no barco, esta xa moi violenta, tal é a súa forza expansiva que rompe varias conducións da planta e, o que é definitivo, tamén esnaquiza parte do muro de formigón dun dos tanques de almacenamento.

O persoal da planta, non pode controlar os sucesivos incendios e ante a gravidade da situación dáse orde de desaloxo. Ao cabo de poucos minutos, o tanque afectado estala e co seu estalido fai explotar, por simpatía, ao resto de tanques, converténdose aquilo nun inferno.

Hoxe, todo o mundo faise a mesma pregunta:

Quen autorizou a instalación desta planta dentro da Ría de Ferrol?

Segundo comentario neste artigo

1/07/2009

"PescadeRías, de onde se non?"

Artritris

A marca de calidade, "PescadeRías, de onde se non?" rexistrada pola Consellería de Pesca para produtos do mar de Galicia, certificou de marzo a decembro do 2008, máis de 400.000 quilos de peixes e mariscos galegos, segundo informou onte este Departamento. En total ata o momento foron certificados ao redor dos 418.000 quilogramos de produtos mariños de Galicia, dos que a maior parte, 299.668 quilos, corresponderon a moluscos bivalvos, 52.990 quilos a crustáceos, 50.404, quilos a ourizos, 13.440 quilos as peixes e 1.481 a cefalópodos. A Consellería de Pesca recorda que na actualidade hai quince entidades do sector pesqueiro de baixura e do marisqueiro que están autorizados para certificar, etiquetar e vender recursos mariños que se extraen do mar en Galicia que son as confrarías de pescadores de Baiona, Bueu, Aguiño, Portonovo, Cangas, Cedeira, Sada, Fisterra, Ribadeo, Mugardos, O Vicedo, Vilaboa, Noia e Campelo, ademais da cooperativa do Mar do Morrazo.

2.000 quilos de produtos dá confraría de Mugardos

1/06/2009

Primeiro gaseiro ilegal do ano

Gaseiro Cadiz Knutsen

O xoves 8 de Xaneiro de 2009 ten prevista a entrada na Ría de Ferrol do gaseiro nº 38,
“LNG Cadiz Knutsen”. Por tal motivo o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha
CONCENTRACION ás 19 horas diante do Edificio da Xunta (Praza Amada García).

Colectivo Ártabra 21
Na portada de Chuza

1/05/2009

O tempo do gas barato chega ao seu fin…



Todo o mundo o sabía pero poucos quixeron recoñecelo no seu momento. O que o gas ten de estratéxico o sabe ben agora o señor Putin que abre e pecha a billa como e cando mellor lle parece, estratexicamente falando, claro. Sempre dixemos que a aposta do gas era anacrónica, unha fuxida cara adiante que nos fai enerxéticamente dependentes neste incerto e disparatado mundo. Mais aos caciques tanto lles ten que xa encheron o peto canto poideron… e agora estan a rirse tamén canto poden.

Podedes ollar este artigo en La Vanguardia no que nos fala de Putin e a súa “troika do gas”…

1/04/2009

Simulacru d'emerxencia en Xixón


L'Asturianu ye una llingua románica falada n'Asturies

La plataforma "Regasificadora Non", compuesta por colectivos que s'oponen a la instalación d'una planta regasificadora nel puertu d'El Musel (Xixón) preparó, en collaboración con delles persones rellacionaes col teatru y les artes escéniques, una representación d'un simulacru d'emerxencia, col fin d'informar de los riesgos de les plantes de regasificación cerca de les poblaciones.
El simulacru va tener güei a les 18.00 hores, nel barriu de La Calzada, frente al Atenéu.
Dende "Regasificadora Non" resaltaron la "obligación" de les diferentes alministraciones d'informar sobre la instalación de plantes que puean suponer un peligru grave pa la población cercana.
Añadieron que les regasificadores suponen un "riesgu elevadísimu" y la so construcción nun se pue facer al llau de núcleos poblaos. Amás, esplicaron que les consecuencies d'un accidente --la zona de derrame el charcu de fueu, la bola de fueu o la radiación térmica-- puen calculase oxetivamente.

1/03/2009

O gas chegará á pequena industria canaria en 2015



As pequenas industrias canarias, como panaderías ou lavanderías, que utilizan fontes de calor, así como os establecementos turísticos, poderán dispor de gas natural a partir do ano 2015, segundo as previsións de Gascan, e segundo entren en funcionamento as regasificadoras de Tenerife e Gran Canaria nos prazos previstos.
Fai moi pouco, Acciona e Técnicas Reunidas adxudicáronse a construción de ambas as instalacións por 450 millóns de euros e deberían estar terminadas nun prazo de 44 meses. Para a regasificadora de Tenerife, que se instalará no polígono industrial de Granadilla, parece que as previsións cúmprense e o gas chegará á Illa en 2012. Non ocorre así coa regasificadora de Gran Canaria que xa aprecia atrasos na decisión da súa posible localización.

Artigo orixinal

1/02/2009

Industria (BNGas) quere crear un gran grupo enerxético público

Humor Reganosademolizón


Nos plans de Industria (BNGas) está a creación dun consorcio público que vaia máis aló do control das accións que lle cedan os novos adxudicatarios de parques eólicos. Este conglomerado enerxético pivotará, segundo fontes de dita consellería, sobre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), que operará como un holding e aglutinará diversos activos empresariais, como o 10% que a Xunta ten en Reganosa, a planta de gas de Mugardos; o 28% de Gas Galicia e os paquetes no capital de sete novas plantas de biomasa que en breve poranse en marcha, así como as accións en empresas do sector enerxético controladas polas dúas caixas galegas.

Artigo orixinal El Pais