Hoxe, 14 de Xaneiro de 2032, ás 8 horas e 10 minutos, ocorreu.
A planta de gas licuado instalada, fai uns anos, no municipio de Mugardos, saltou polo aire.
A maior parte das casas próximas, quedaron reducidas a cinzas, o pobo foi arrasado, as victimas cóntanse por miles. Ao outro de lado da Ría, Ferrol, sufriu a onda expansiva da violenta explosión final, a xente, presa do pánico, dirixiuse nos arredores, ante a magnitude dos incendios declarados e a nube tóxica xerada.
As autoridades declararon, de inmediato, a alarma vermella e o Exército foi mobilizado para controlar a situación, ao considerar que a defensa nacional estaba en perigo, tendo en conta que unha das súas principais bases navais desapareceu. Os estaleiros de Navantia quedaron reducidos a cascallos.
Os labores de extinción dos incendios estanse producindo con gran lentitude, a pesar de acudir os servizos de bombeiros de toda Galicia, ven impotentes ante a magnitude do desastre.
Polos distintos medios informativos, continuamente, facilítase información aos afectados, sobre a conduta a seguir e comunícanse as instrucións das autoridades, para restablecer a orde.
De momento, o que sabemos sobre a orixe da catástrofe, é:
Ás 5 horas e 35 minutos de hoxe, aproveitando a pleamar, atraca no peirao de descarga da planta gasista de Mugardos, o buque de bandeira panameña "New Orleans" e disponse a descargar as 140.000 toneladas de gas licuado que, nas súas adegas levaba.
Ao pouco de iniciar o transvasamento, ao parecer, unha fuga na condución, entre o barco e os tanques de almacenamento da planta de gas, orixinou un incendio, que se estendeu ao propio barco, sen que os servizos de extinción puidesen sufocalo.
Tampouco se puido levar ao barco fóra da Ría, porque a situación da marea faría encallar ao mesmo.
Recórrese, á desesperada, ao afundimento do barco, para deste xeito afogar o incendio, extremo que se antolla inútil e desde as profundidades do mesmo xorde unha forte explosión, que lanza por toda a planta restos incandescentes de chatarra e que, á súa vez, propician novos incendios. Pouco despois, prodúcese unha segunda explosión no barco, esta xa moi violenta, tal é a súa forza expansiva que rompe varias conducións da planta e, o que é definitivo, tamén esnaquiza parte do muro de formigón dun dos tanques de almacenamento.
O persoal da planta, non pode controlar os sucesivos incendios e ante a gravidade da situación dáse orde de desaloxo. Ao cabo de poucos minutos, o tanque afectado estala e co seu estalido fai explotar, por simpatía, ao resto de tanques, converténdose aquilo nun inferno.
Hoxe, todo o mundo faise a mesma pregunta:
Quen autorizou a instalación desta planta dentro da Ría de Ferrol?
1 comentário:
E VAI SER SENON ATALLAN A SITUACION.
A VOZ DE GALICIA FROTARIASE AS MANS
DAQUELA SEGURO QUE OCULTARIA O NUMERO DE VICTIMAS,......SERIA A FATALIDADE ESO NON TERIA QUE TER PASADO...E A MERDA QUE CONTARIAN,A MIN NON ,POIS SEGURO TERIA MORRIDO.
UN ABRAZO ''GORRION'',SEGUE DARLLES ALPISTE OS BUITRES.O TEMPO DARANOS A RAZÓN.
¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!!
Enviar um comentário