3/04/2009

Reganosa terá un sistema acústico de alerta ós veciños


A empresa Reganosa anunciaba onte a instalación do seu sistema de aviso acústico, incluído dentro do plan de emerxencia exterior na área de Punta Promontorio: cunha torre e cunha sirena electrónica omnidireccional, a regasificadora de Mugardos alertará ós veciños en caso de "incidentes". Esta mesma semana inícianse os traballos co obxectivo de reforzar a seguridade no ámbito da planta de gas.
Segundo indica a compañía, este sistema de emerxencias "avisará os residentes na zona de alerta de Punta Promontorio sobre incidentes nas dúas empresas situadas no lugar". Deste xeito, as alarmas activaríanse ante calquera contratempo en Forestal del Atlántico ou Reganosa "coas actuacións de protección indicadas pola autoridade competente". E sempre dentro dun plan de emerxencia implantado pola Dirección Xeral de Protección Civil.
A torre de sirenas xa conta con licenza municipal e situaríase nas parcelas das empresas. O seu mastro de 12 metros en aceiro galvanizado sosterá un módulo de seis altofalantes omnidireccionais.
Esta torre, cun total de 15,7 metros de altura, alimentarase a través dun sistema eléctrico e por baterías. Disporá dun sistema de comunicacións redundantes por canle bidireccional, radio e telefonía. E unha estación meteorolóxica achegará datos en tempo real. As sirenas só se acenderán desde o centro de control de Protección Civil ou polos Bombeiros de Ferrol.
Na portada de Chuza

1 comentário:

Susete70 disse...

Indaforon algo listos,pois se acciona o boton de alarma dende protecion civil ou bombeiros,porque se pasa algo en reganosa non quedaria nin dios pra premer o botón
------------------------------------NO NO FUE SIN TIEMPO DESDE EL 2007 QUE DESCARGÓ EL PRIMER GASERO.

EL KIT DE EMERGENCIA CONSTA DE UNA CINTA AISLANTE(PARA SELLAR PUERTAS Y VENTANAS)

UNA LINTERNA (PORQUE HAY QUE CORTAR EL SUMINISTRO ELECTRICO)

UNA RADIO (PARA ESTAR INFFORMADOS)

Y ACONSEJABLE PARA LOS CREYENTES UN ROSARIO O SIMILAR.

PORQUE NO SE SALVA NI DIOS