3/08/2009

Perigo!! gaseiro 42 cargado con GNL para Reganosa

LNG Sokoto entrando na Ría de Ferrol cara a ilegal Reganosa
Mañá 9 de Marzo está prevista a entrada dun novo gaseiro na Ría de Ferrol trátase do "LNG Sokoto", este buque coa súa perigosa carga de Gas Natural Licuado (LNG), para a ilegal Reganosa, faría o nº 42 que entra na Ría desde Maio de 2007, poñendo en alto risco de inseguridade a miles de persoas que moramos na ribeira.
Unha vez máis esta irresponsabilidade non pode quedar sen resposta, é por iso, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia decide convocar a concentración de protesta, este luns 9 de Marzo, ás 7 da tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en Ferrol, para amosar a súa desconformidade coa entrada, na Ría, de buques cun cargamento tan perigoso como é o GNL, e para denunciar a corrupción e o despropósito gasístico que representa Reganosa, esixindo o seu desmantelamento xa!

Sem comentários: