6/09/2009

"Luminarias" de San Xoán

"Cacharelas" de San Xoán (jpereira_net)

O Concello de Mugardos toma medidas de face á celebración da noite de San Xoán. Desde a área de Seguridade, da que está á fronte o edil Xosé Xoán Roca Lorenzo, recórdase que, no tocante ao asunto das "luminarias", cabe ter en conta unha serie de cuestións. Así, á marxe de recordar que se require a correspondente autorización municipal, desde o Concello fíxase en oito metros de perímetro e tres de altura o volume máximo da fogueira, recórdase que entre ela e as árbores ou edificios máis próximos debe existir unha distancia de 12 metros e que está prohibido o uso de pneumáticos, plásticos, produtos de poliuretano ou aceites como combustibles.
Tamén se destaca o uso de chans públicos lousados como posibles emprazamentos e recórdase que antes de dar por finalizada a festa non debe quedar acendido ningún tipo de rescoldo.
En canto á autorización, desde a administración mugardesa infórmase de que está aberto o prazo correspondente e de que o trámite débese facer efectivo a través do rexistro municipal, antes do día 20 do presente mes.
Os solicitantes deben presentar unha fotocopia do DNI e dar a coñecer o lugar elixido para a celebración das "cacharelas", que así é como son denominadas as fogueiras da noite de San Xoán na zona de Mugardos. Para velar polo cumprimento das normas, a Policía inspeccionará o día 23 as fogueiras.

Sem comentários: