12/27/2009

Perigo!! gaseiro 58 cargado con GNL para Reganosa


O "Hispania Spirit", un gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL, ten prevista a entrada na Ría de Ferrol, para a ilegal e perigosa Reganosa, é por isto polo que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha CONCENTRACIÓN de protesta este luns, 28 de Decembro, ás 7 da tarde, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García, en Ferrol, para amosar a súa desconformidade coa entrada na Ría de buques cun cargamento tan perigoso como é o GNL, e para denunciar a corrupción e o despropósito gasístico que representa Reganosa, esixindo o seu desmantelamento xa!
Este sería o 58 buque gaseiro que atraca no peirao de Reganosa en Punta Promontorio, Meá, Mugardos.
Participa!

Antes de que suceda unha catástrofre

Sem comentários: