10/03/2011

O Galicia de Mugardos gañou pola mínima en Xove


O equipo de Germán Amil aproveitou o gol de Carballeira para levar os 3 puntos da súa visita á mariña lucense.

O Galicia de Mugardos sufriu na segunda parte porque non soubo "matar" o partido na primeira. O conxunto mugardés xerou amplas ocasións de gol nos primeiros 45 minutos que non logro materializar salvo o gol de Carba nunha xogada que nace dunha parede entre Rubén Seco e Suso Pena. De todos os xeitos o Mugardos podería irse ao descanso con 3 ou 4 goles ao seu favor. A primeira parte acabou coa vitoria pola mínima e na segunda parte o Xove Lago intentou meterse no partido e tivo o empate nas súas mans. Ao final importante vitoria ante un equipo que sempre estivo no partido e que puido puntuar.


Xogaron polo Xove Lago; Naya na porta con Marcos, Novás, Adán, Rivas, Dani Chichón, Canario, Hermida, Diego Hermida, Manolo e Pablo Lago. Tamén xogou posteriormente Felgo.

Por parte do Galicia de Mugardos saíron ao terreo de xogo Agustín baixo paus con Vicente, Rouco, Colo, Manel, Fran, Rubén Seco, Carballeira, Suso Pena e Vituco. Tamén xogaron Juan Jesús, Jorgito, Martín e Javi García.

Arbitrou o colexiado coruñés Andrade Seoane auxiliado por Rodríguez Cruz e Domínguez De Bernardi. Sinalaron cartolinas amarelas a Novás, Rivas e Diego Hermida do Xove Lago e ao porteiro Agustín, Manel e Jorgito do Galicia de Mugardos.

voltaaria.com

Sem comentários: