10/31/2011

O Galicia de Mugardos mereceu máis que a derrota en Boiro

O equipo de Germán Amil fixo un bo partido e mereceu algo máis que a derrota.

Ás veces o fútbol ten estas cousas. O Galicia fixo un bo partido con dominio do xogo e a elaboración de xogadas ofensivas claras pero finalmente goles son amores e o equipo da Pedreira perdeu o partido tamén ante xogadas bastante conflitivas como un posible fóra de xogo no primeiro gol do Boiro. Foi o equipo local quen inaugurou o marcador. Corría o minuto 12 de partido e Jorge Parada lograba bater a porta de Agustín. O empate do Galicia chegou no minuto 40 e foi obra de Martín tras o lanzamento dun penalti. Con empate a un gol chegouse ao descanso. Na segunda parte o Boiro sentenciou o partido co gol de Adrián tras un centro. O cronómetro marcaba o minuto 72 de partido. O Mugardos tivo ocasións de meterse no partido e de lograr, como mínimo, o empate pero ao final o fútbol é así e o Boiro levou o tres puntos da vitoria.


Xogaron polo Mugardos Agustín, Vicente, Rouco, Agustín López, Manel, Fran, Perico, Suso Pena, Carballeira, Uxío e Martín. Tamén xogaron Colo, Vituco, Canosa e Jorgito.

Por parte do Boiro saíron no once inicial Javier na porta con Óscar, José Manuel, Braian, Carlos, Jonathan, Jesús, Adrián, Jorge Parada, Pablo e Alejandro. Tamén xogaron Charles, Barallar, Eloy e Jesús Arias.

Arbitrou o partido Taboada Juan de Pontevedra.

voltaaria.com

Sem comentários: