12/23/2011

Perigo!! gaseiro 108 cargado con GNL para Reganosa



Prevista a entrada na Ría, do gaseiro cargado con GNL, nº 108 "Cheikh el Mokrani", o próximo Sábado dia 24, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca:


CONCENTRACIÓN
SÁBADO 24 Decembro 2011, ás 19 hs,
na Praza de Armas

Este Comité Cidadán de Emerxencia considera que a pesar de tratarse dunha data sinalada e de tradicional celebración na familia e no entorno de amizade e veciñanza, debemos facer un novo exercicio de responsabilidade e firmeza na demostración de que seguiremos a amosar á cidadanía de Ferrolterra que a Planta de Gas é un perigo permanente para todos e todas, un despropósito e un fraude que, coa complicidade de todas as Administracións, se está a manter só en beneficio dos seus promotores.

Onte, hoxe e sempre:




Sem comentários: