4/24/2012

O perigo de explosión dun camión envorcado con gas obriga a cortar a A-6


O Concello das Nogais, asesorado por Protección Civil e a Garda Civil, desaloxou onte a tres familias do municipio, con nove membros, ante o perigo de explosión dun tráiler cisterna cargado con 23.000 litros de gas natural inflamable que envorcou na autovía do Noroeste (A-6), en Doncos, e obrigou a cortar a totalidade dos carriis en ambos os sentidos 13 quilómetros todo o día.
O espectacular accidente produciuse pasadas as dez e media da mañá no quilómetro 441 da A-6, cando o vehículo articulado saíu do túnel de Doncos en dirección Madrid e, tras coroar o porto, envorcou polo seu lado esquerdo, arrasou a mediana e embistió contra o noiro dos carriis do sentido contrario. As causas do accidente descoñécense, aínda que, ao parecer, non houbo pegadas de freada brusca, o que pode evidenciar que o condutor se despistou ou tivo un desmaio. O chofer, S.P.P, de 32 anos e veciño de Mugardos, resultou ferido leve e foi trasladado ao hospital Lucus Augusti de Lugo. O camión de mercancías perigosas, cargado con gas metano licuado, procedía de Reganosa (Mugardos) e tiña como destino León.
A Garda Civil de Tráfico, coordinada coa Xunta e os ministerios de Interior e Medio Ambiente, fixou un perímetro de protección duns 600 metros ao redor do vehículo ante o perigo de explosión. O tráiler cisterna trasladaba «o gas inflamable a unha temperatura de 160 graos centígrados baixo cero e calquera quecemento puido causar o seu incendio», indicou o alférez de Tráfico e coordinador do operativo, Manuel Meléndez. Afortunadamente o camión non se precipitou polo lado dereito da A-6 ata a antiga N-VI, onde hai un desnivel duns 15 metros, pois entón a deflagración sería segura. O que si se produciu foi unha pequena fuga do metano trasladado. A cisterna do tráiler fumeaba.

 Antes de que suceda unha catástrofre


Sem comentários: