4/14/2012

Un Galicia de Mugardos sen carácter perde ante un Val eficiente

O conxunto mugardés non inquietou a unha SD O Val que dominou o xogo.

O Galicia realizou un mal partido, con imprecisións e sobre todo con rendementos baixos de todos os aspectos do xogo mentres que O Val sacou beneficio do seu traballo. O Val mostrou disciplina organizativa con presión no centro do campo e un fútbol de creación directo en busca de Pedreira. Ante estas armas O Galicia de Mugardos nunca tivo un plan para neutralizar esa presión no centro do campo e continuamente chocou cun Val ben colocado. 

O Mugardos comezou ben o partido, movendo a pelota e trenzando xogadas. O balón aproximouse ao área defendida por Angel e chegou algunha que outra ocasión. Así no minuto 4 prodúcese a primeira aproximación de Carballeira á porta local pero O Val tamén aproveitou sobre todo os erros defensivos do Mugardos para achegarse á porta que defendeu Agustín, que tampouco tivo o seu día como o resto do equipo. Amil adiantou a defensa pero a presión a tres cuartos do Val posibilitou o roubo de balóns e os contragolpes directos cara a Pedreira, que sempre buscou a porta de Agustín.

Sem comentários: