7/11/2012

Conclusións da Asemblea Cidadá




O lúns 9 de xullo de 2012, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, e cunha nutrida representación das entidades que o conforman e numerosas participacións personais, celebrouse a Asemblea Cidadá, na que se analizou a situación actual da Planta de Gas, tras a Sentenza do Tribunal Supremo que ven a confirmar a ilegalidade da ubicación de Reganosa e das actuacións administrativas que autorizaron o seu funcionamento.

Súmase agora a súa condición de ser unha Planta innecesaria, deficitaria, destructora do medio e da economía da Ría e unha ameaza permanente para a poboación, unha nova e grave situación: Declarada xudicialmente ilegal, carece de cobertura de riscos ante calquera daño producido.
Coincide a celebración desta Asemblea co fallo xudicial (unha condea de sete meses, seis de seis e unha absolución) contra os oito mariscadores acusados de impedir no 2007 a entrada dos gaseiros. Aquelas accións, como toda a cidadanía sabe, e o xulgado decide iñorar, foron convocadas polo CCE participando nelas, amáis de numerosos mariscadores, máis de duascentas persoas cuxa autoinculpación foi desestimada, nun claro intento de desvincular o tema do que era a súa principal motivación: A defensa da vida e da ría fronte a ameaza de Reganosa e do ilegal tráfico de gaseiros.

A Asemblea acordou seguir amosando a súa solidaridade cos traballadores e traballadoras do mar, e continuar co seu apoio caso de recorrirse a sentenza.
Para o CCE e para a Asemblea Cidadá quedou claro que a sentenza inapelable do T.S. Marca unha nova etapa de traballo que irá centrada en exixir dos poderes públicos a paralización da actividade de Reganosa.

Desde o ámbito institucional, se emprenderán accións ante o Valedor do Pobo, a Fiscalía Anticorrupción, e os Parlamentos, instando o peche de Reganosa e a depuración de responsabilidades. Tamén no eido local serán presentadas Mocións solicitando o posicionamento dos Concellos ante a nova situación da Planta.

Nas próximas datas terán lugar unha serie de accións encamiñadas a dar a coñecer a cidadanía todas estas actividades emprendidas.

Rematou a Asemblea, convidadando a toda a cidadanía a participar na VI Marcha a Pé Ferrol – Mugardos, que partirá ás 17 hs, do venres 20 de xullo do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, para chegar aprox, as 9 da noite á Praza do Mercado de Mugardos, onde se celebrará un sinxelo acto de confraternidade, con música e viandas como é habitual.


Sem comentários: