Tras a Sentenza inapelable do Tribunal Supremo do pasado 11 de Maio, a actividade da planta de Reganosa é ILEGAL.
O venres dia 20 o CCE ten convocada a VI Marcha a PE a Mugardos para exixir o cese da actividade, baixo o lema: Paso a Paso . Planta de gas fóra da Ría.
Reganosa tenta de confundir e enganar á cidadanía para seguir mantendo unha actividade ilegal e perigosa. Reganosa presenta a súa actividade como ”beneficiosa” e ”necesaria” para a economía nembargantes esto contradí a realidade dos feitos, a saber:
Durante o ano 2011 a actividade da planta non acadou o 40%, durante 260 dias estivo por debaixo do mínimo técnico e 65 en mínimo tecnico (segundo datos do xestor técnico do sistema). Reganosa é deficitaria, e no ano 2011 custounos aos cidadáns perto de 58 millóns de euros.
Os socios de Reganosa (Tojeiro, Endesa, Fenosa) para xustificar o proxecto e conseguir a autorización da Comisión Nacional da Enerxia, se comprometeron a consumir o 85% do nominal da planta. Segundo os datos do Inega, durante o 2010, o consumo dos ciclos combinados en Galicia (Endesa, Fenosa) acadaron o 4.8% da capacidade nominal de Reganosa, o grupo Tojeiro non consumiu nada. Esta realidade amosa o fraude que cometeron cos datos aportados a Comision Nacional da Enerxía para obter a autorización da construcción da planta.
Na actualidade se manten pechada a entrada de gas a Galicia por gasoducto, que viña suministrando antes da entrada en funcionamento da planta en 2007 para xustifcar a “necesidade” de Reganosa. Uns gasoductos que teñen a capacidade para suministrar tanto para aos ciclos combinados como para o uso doméstico e industrial.
Tras a Sentenza do Supremo, o CCE demanda a paralización da actividade ilegal de Reganosa e a necesidade de abrir unha Comisión de Investigación no Parlamento que aclare o cúmulo de ilegalidades desde o seu comezo e depure as responsibilidades a que houbera lugar, iniciativa que asumeu xa o grupo parlamentario de IU.
Sem comentários:
Enviar um comentário