Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 188 gaseiro cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA a súa 188 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros no interior da nosa ría.
Así como reclamamos que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo, que dictaminou que a planta de gas de Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol, (esta sentenza é inapelable).
Concentración:
Martes 3 de febreiro, ás 19 hsdiante do Edificio da Xunta de Galicia, na Praza Amada García, Ferrol
PASO A PASO
Comité Cidadán de Emerxencia
Sem comentários:
Enviar um comentário