Mostrar mensagens com a etiqueta Ecolóxico. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Ecolóxico. Mostrar todas as mensagens

6/13/2009

Lapis Verde denuncia o mal funcionamento da recollida de aceite usado

Colector nas inmediacións do forno do Seixo


O colectivo Lapis Verde denuncia a situación de abandono na que se atopan os colectores da recollida de aceites usados en Mugardos, máis concretamente os que se localizan na parroquia do Seixo.
Os denunciantes advirten da presenza de bolsas e garrafas con aceite usados fóra dos colectores, a saturación dos mesmos e un aspecto, polo xeral, bastante descoidado de todo a contorna.
Desde o colectivo saliéntase na obrigación que teñen os concellos de dar bo exemplo "para que os veciños podan seguir as súas directrices" e apúntase que de non ser así “a veciñanza acabará por tirar os aceites polo vertedeiro”.
Chegados a este punto, Lapis Verde recorda que cada persoa xera unha media de seis litros de aceite usado ao ano e que cada un deles pode chegar a contaminar uns 1000 litros de auga. Por conseguinte, o colectivo reclama do consistorio que poña fin a unha situación que, canto menos, xera unha mala imaxe e pon o perigo o medio ambiente.

4/23/2009

Os mugardeses reciclan ao ano 2.500 litros de aceite usado

Un dos colectores localízase nas inmediacións do forno do Seixo

Mugardos foi un dos primeiros municipios da comarca en sumarse ao ecoloxismo doméstico. Este compromiso formalizouse fai agora máis de seis anos, coa firma do acordo polo que unha empresa faise cargo desde entón da recollida e o posterior tratamento do aceite usado nas casas.

Aínda que polo momento o goberno municipal non se expón unha posible ampliación do servizo, o certo é que este funciona e está dando moi bos resultados. Así o deixou claro onte o responsable de Medio Ambiente do Concello, Xosé Xoán Roca Lorenzo, que estimou que, no que se refire ao último ano, deixáronse de verter en tubaxes e desaugadoiros máis de 2.500 litros de aceite ou, o que é o mesmo, os mugardeses evitaron a contaminación que poden xerar eses litros no medio ambiente.

Por outra banda, explicou que a día de hoxe un total de nove recipientes específicos para a recuperación do contaminante en cuestión distribúense nas seguintes poboacións do termo municipal: O Seixo, Franza, San Xoán, Meá e Mugardos.

Diario de Ferrol

11/28/2008

Hoxe non merquei nada

O Día Sen Compra é un día simbólico contra o noso modelo de consumo, social e ambientalmente insostible. Este día serve para recalcar que necesitamos outros 364 días dun consumo crítico e sostible (consumo local, ecolóxico, xusto, reutilizando e só o necesario).

Via Ecoloxista en acción