4/23/2009

Os mugardeses reciclan ao ano 2.500 litros de aceite usado

Un dos colectores localízase nas inmediacións do forno do Seixo

Mugardos foi un dos primeiros municipios da comarca en sumarse ao ecoloxismo doméstico. Este compromiso formalizouse fai agora máis de seis anos, coa firma do acordo polo que unha empresa faise cargo desde entón da recollida e o posterior tratamento do aceite usado nas casas.

Aínda que polo momento o goberno municipal non se expón unha posible ampliación do servizo, o certo é que este funciona e está dando moi bos resultados. Así o deixou claro onte o responsable de Medio Ambiente do Concello, Xosé Xoán Roca Lorenzo, que estimou que, no que se refire ao último ano, deixáronse de verter en tubaxes e desaugadoiros máis de 2.500 litros de aceite ou, o que é o mesmo, os mugardeses evitaron a contaminación que poden xerar eses litros no medio ambiente.

Por outra banda, explicou que a día de hoxe un total de nove recipientes específicos para a recuperación do contaminante en cuestión distribúense nas seguintes poboacións do termo municipal: O Seixo, Franza, San Xoán, Meá e Mugardos.

Diario de Ferrol

Sem comentários: