Mostrar mensagens com a etiqueta Natural. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Natural. Mostrar todas as mensagens

12/28/2008

Vítimas de explosións de gas piden controis


Cinco asociacións de vítimas de explosións de gas anunciaron onte a creación dunha plataforma para esixir melloras nos controis e supervisión das redes de distribución de gas en España.
O colectivo, que aúna a afectados das explosións de Santa Coloma de Gramenet, Cornellà de Llobregat, Lleida, Tarragona e Palencia, solicitou onte á comisión de Industria do Congreso dos Deputados investigar as numerosas explosións de gas ocorridas en España durante os últimos oito anos: un total de 22 que causaron case 80 mortos, segundo as cifras da incipiente plataforma.
Os afectados manifestaron que a repetición de accidentes demostran unha falta de seguridade nas instalacións de gas cidade e por iso piden unha investigación parlamentaria que poida facilitar maiores medidas de control no sistema de distribución deste servizo.
Nunha presentación paralela en Palencia e en Santa Coloma de Gramenet, os afectados tamén solicitaron unha normativa específica para que as empresas que prestan o servizo estean obrigadas por lei a outorgar unhas mínimas compensacións ás vítimas destas explosións.

12/04/2008

A "lista negra" do gas

Estado do bloque de vivendas de Gavá tras a explosión

Máis de medio centenar de mortos. Este é o tráxico balance de vítimas das explosións de gas rexistrados en España nos últimos oito anos. Descoidos coas estufas, deflagracións por unha mala revisión das instalacións, accidentes laborais e explosións provocadas son algunhas das causas que aumentan cada ano esta dramática lista.

Artigo orixinal
En Chuza tximbalee