Cinco asociacións de vítimas de explosións de gas anunciaron onte a creación dunha plataforma para esixir melloras nos controis e supervisión das redes de distribución de gas en España.
O colectivo, que aúna a afectados das explosións de Santa Coloma de Gramenet, Cornellà de Llobregat, Lleida, Tarragona e Palencia, solicitou onte á comisión de Industria do Congreso dos Deputados investigar as numerosas explosións de gas ocorridas en España durante os últimos oito anos: un total de 22 que causaron case 80 mortos, segundo as cifras da incipiente plataforma.
Os afectados manifestaron que a repetición de accidentes demostran unha falta de seguridade nas instalacións de gas cidade e por iso piden unha investigación parlamentaria que poida facilitar maiores medidas de control no sistema de distribución deste servizo.
Nunha presentación paralela en Palencia e en Santa Coloma de Gramenet, os afectados tamén solicitaron unha normativa específica para que as empresas que prestan o servizo estean obrigadas por lei a outorgar unhas mínimas compensacións ás vítimas destas explosións.
Via: elPeriódico.es
Sem comentários:
Enviar um comentário