Mostrar mensagens com a etiqueta Praia. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Praia. Mostrar todas as mensagens

2/17/2009

Rexeneración do areal da Bestarruza

Lestes días estase a rexenerar a praia da Bestarruza en Mugardos (Romarin)

Ao proceso de rexeneración realizado no areal de Caranza seguiranlle os que levarán a cabo tanto na praia mugardesa da Bestarruza como na cala que se localiza nas inmediacións do castelo de San Felipe, tal e como xa era a previsión inicial.

As obras de acondicionamento xa comezaron e seguramente esta mesma semana, tal e como confirmou o técnico de Costas, Carlos Gil, podería dar comezo o proceso de construción da cántara -depósito creado artificialmente para a acumulación de áridos- para comezar a recibir en cuestión de días as primeiras achegas de area procedentes das obras do porto exterior.

12/23/2008

Rexeneración dos areais


Os buldozers da empresa Tragsa xa traballan na praia de Caranza. Trátase dun novo achegue de area procedente do porto exterior para a mellora e ampliación da praia, na que se verterán ao redor de 50.000 metros cúbicos de áridos durante os próximos meses co fin de optimizar as prestacións do areal ferrolán.
Inicialmente estaba previsto comezar estas tarefas, aproveitando os áridos que xorden do dragado de Caneliñas, pola zona de San Felipe , para continuar pola Bestarruza, en Mugardos, e concluír en Caranza. Con todo, a oposición mostrada polas confrarías da ría ante este calendario fixo que Costas reformulase toda a súa programación inicial e, tras unha reunión cos responsables dos depósitos, decidise empezar por Caranza.

Diario de Ferrol