Os buldozers da empresa
Tragsa xa traballan na praia de Caranza. Trátase dun novo achegue de area procedente do porto exterior para a mellora e ampliación da praia, na que se verterán ao redor de 50.000 metros cúbicos de áridos durante os próximos meses co fin de optimizar as prestacións do areal ferrolán.
Inicialmente estaba previsto comezar estas tarefas, aproveitando os áridos que xorden do dragado de Caneliñas, pola zona de San Felipe , para continuar pola
Bestarruza, en Mugardos, e concluír en Caranza. Con todo, a oposición mostrada polas confrarías da ría ante este calendario fixo que Costas reformulase toda a súa programación inicial e, tras unha reunión cos responsables dos depósitos,
decidise empezar por Caranza.
Diario de
Ferrol
Sem comentários:
Enviar um comentário