11/20/2008

15.000 firmas por Astano

Foto Xoán Porto

O sector naval está a resistir á crise. Coas carteiras de pedidos cheas para varios anos, os estaleiros contan cun "colchón" que lles permitirá salvar o bache económico que azouta ao mundo. Con ese convencimento máis de 50 entidades de Ferrolterra prepáranse a presentar unha iniciativa lexislativa popular que permita o retorno da antiga Astano á construcción naval civil. Mentras tanto as polémicas en torno ao estaleiro refléxanse nun blog específico onde tamén se recollen fotografias históricas da factoria.

Artigo orixinal
En Chuza por tximbalee

11/19/2008

Concentración do Comité Cidadán, con motivo da entrada do gaseiro nº 35




Via /ferrolsuso

O gasoduto proxectado en Pontedeume afecta a 232 leiras

O gasoduto que a empresa Gas Directo promove en Pontedeume afectará a 232 leiras e camiños do municipio que pertencen a uns 180 propietarios entre os que se atopan particulares, a Administración e empresas. O novo ramal a Pontedeume terá o seu inicio en Miño, no gasoduto que discorre por Mugardos, Betanzos, Abegondo e Sabón e que pertence á rede de conducións asociadas á planta de gas que Reganosa posúe en Mugardos. A tubaxe finalizará no núcleo urbano de Pontedeume.
Quen desexen consultar o proxecto e presentar alegacións, se o estiman oportuno, teñen de prazo ata o 5 de decembro para facelo na Dirección Xeral de Industria, en Santiago, ou na Delegación de Industria na Coruña.

Artigo orixinal

11/18/2008

Perigo na Ría: Trixésimo quinto gaseiro

Gaseiro “LNG Lagos”, atracado no Muelle Sur de Tenerife

LNG LAGOS (ex "Gastor") Construído en 1976 nos estaleiros Chantiers de L´Atlantique (ALSTHOM), para a compañía Nederlandsche Scheepvaart Unie, foi entregado en 1977.
De 87.472 toneladas de rexistro bruto, ten 275 metros de eslora, 42 metros de manga, 13 metros de calado e capacidade de 122.255 metros cúbicos.
Logo de 23 anos inactivo (LochStriven), foi comprado por BGT en 1990 (LNG LAGOS).
En maio de 1999 pasou aos estaleiros Sobrena, en Brest (Francia), para reformas.
Está rexistrado baixo pavillón de Bermudas e clasificado en Bureau Veritas.

Con motivo da entrada na nosa Ría do gaseiro nº 35 rumbo a Reganosa. O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Convoca unha CONCENTRACIÓN, mañá mércores, 19 de Novembro, ás 7 da tarde na Praza Amada García (Edificio Xunta de Galicia).

11/15/2008

A Mirada Detida


I Certame do Concurso Fotográfico Internacional A Mirada Detida, convocado polo Concello de Valdoviño xa ten gañador. A entrega de premios terá lugar a partir do 20 novembro do 2008. A data, lugar e hora da entrega será publicada na web do Concello de Valdoviño e notificada persoalmente aos gañadores.

11/14/2008

"GALIZA NON S€ VENDE"

Vídeo fucobuxan

Membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, pecháronse onte día 13 de Novembro, nos Concellos de Ferrol e Mugardos, seguindo a convocatoria da Rede GALIZA NON S€ VENDE, o cumplirse o 6º aniversario do desastre do Prestige, en denuncia das agresións medioambientais que estamos a padecer en distintos puntos de Galicia. Na Ría de Ferrol o tema central da movilización foi –unha vez máis- a perigosa ubicación da Planta de Gas no interior da Ría.

11/13/2008

"Goberne quen Goberne: GALIZA NON S€ V€ND€"



Coincidindo co sexto aniversario da maior devastación ecolóxica que tivo lugar no noso país, a rede Galiza Non S€ Vende alerta dun novo "Prestige" que navega polas augas dos mercados capitalistas ata as consellarías da Xunta, se ben este é máis destrutor que o anterior. Para denunciar esta ameaza medioambiental, activistas de GNSV pecháronse esta mañá en diversos edificios públicos de Coruña, Vigo, Ferrol, Ourense, Compostela, Mugardos e Ribadavia e fixeron entrega do manifesto no Concello de Cangas.