1/13/2011

Emilio Bruquetas asume a dirección de Reganosa co reto da súa ampliación

Bruquetas forma parte de Reganosa desde o inicio do proxecto
Reganosa completou onte o proceso de renovación do seu mapa accionarial iniciado a pasada primavera, ao nomear ao ferrolán de 36 anos Emilio Bruquetas como novo director xerente da regasificadora. Formou parte da empresa desde a fase de lanzamento do proxecto e desempeñara a dirección de planificación e control e tamén a de administración. O nomeamento de Emilio Bruquetas á fronte da planta -onde substitúe a Mariano Lacarta- segue a liña dos últimos cambios societarios, nos que o Grupo Tojeiro e a Xunta, que agora ostentan o 36,5% e o 17,5% do capital, respectivamente, ampliaron a súa presenza para reforzar a galeguidade da empresa. Unión Fenosa Gas, Sonatrach e o fondo First State completan o accionariado.

1/07/2011

O cheiro a marihuana é de Reganosa


O estudo encargado polo Concello de Ferrol para aclarar a procedencia do estraño cheiro, similar ao da marihuana, que periodicamente se percibe na cidade desde hai máis de tres meses, comezou a dar os seus froitos. A análise das catas conseguiu identificar a sustancia que provoca este fenómeno: os mercaptanos. Trátase dun composto que, segundo distintas fontes, mestúrase co gas para facilitar a detección de posibles escapes.

Planta de gas

Aínda que polo momento o Concello declinou precisar con máis exactitude a orixe dunhas vaharadas que se puideron percibir de novo esta semana -tanto en distintos puntos do centro de Ferrol como na zona rural- a información indica que a orixe podería estar relacionado coa planta de gas de Reganosa en Mugardos.
Así o apuntan todos os indicios, como a coincidencia da aparición do cheiro sempre con ventos do suroeste e a chegada de gaseros á ría. E tamén o uso para o que se aplica a sustancia en cuestión, presente tamén na marihuana e de aí, a similitude co cheiro que en determinados momentos se detecta na cidade.
Algúns cidadáns comezaron a percibir este cheiro a finais de setembro, que volveu reproducirse na primeira semana de outubro. A expectación suscitada polo estraño fenómeno e a preocupación xerada fixo que o Concello encargase a realización dunha serie de catas, a pesar de que a administración local aclarou que era unha cuestión fóra da súa competencia.

A Voz de Reganosa

O Galicia de Mugardos volveu co peto cheo de terras composteláns




O Galicia de Mugardos poido sacar algo positivo do seu partido ante o Bertamiráns no Concello de Ames.
O conxunto de Germán Amil gañou por 1 a 2 e volveu co peto cheo de terras composteláns. O Mugardos segue no medio da clasificación con 22 puntos.

O Mugardos foi superior os primeiros 45 minutos e aproveitouse dunha defensa local que non soubo sacar o balón de primeiras desde a súa área. Así chegou o penalti tras unha derriba de Chechu a un rival que o colexiado Queija Domínguez non dubidou en sinalar. Grueiro non fallou desde os once metros e adiantou ao seu equipo. Non tardaron en encarrilar o choque tras varios rexeites da defensa local que deixou o balón morto a Rebolo para que fusilase a Agustín (0-2). Román maquillou o resultado antes do final da primeira parte, minuto 41, ao rematar un balón bombeado.

Bertamiráns: Josua, Jacobo, Juanjo (Genelo, min.80), Chechu, Jose María, Iván, Alfonsito (Chacho, min.78), Román, Luís, Espiño e Toñito.

Galicia de Mugardos: Agustín, Rubén, Jorge, Adrián, Sanmartín, Juan, Oscar (Suso Pena, min. 72), Seco, Rebolo (Maikel, min. 80), Grueiro (Anxo, min. 89) e Vituco (Puchi, min. 85).

Árbitro: Queija Domínguez (Ourense). Mostrou cartón amarelo aos visitantes Rubén, Juan, Rebolo e Grueiro.

Goles: 0-1, min. 25: Grueiro, de penalti. 0-2, min. 28: Rebolo. 1-2, min. 41: Román.

Campo: Municipal de Bertamiráns. 100 espectadores.

voltaaria.com

O Concello de Mugardos alerta sobre o posible derrubamento da fachada do antigo cine Zárate

O antigo cine Zárate de Mugardos presenta unha deterioración tan evidente na súa fachada que o Concello teme que se derrube parte da estrutura principal do edificio. Así llo fixo saber o alcalde do municipio, o nacionalista Xosé Fernández Barcia, á Xunta, que se comprometeu, en virtude dun convenio asinado en decembro do 2006, a transformar o monumento nun centro de día. Desde o Goberno galego aseguraron que habilitarán unha partida para tratar de facer fronte aos problemas do emblemático inmoble, pero aínda non hai unha data concreta para que comecen os traballos de consolidación.
«Se non actúase pode haber perdas irreparables no edificio», aseguraba hai poucos días o rexedor mugardés despois de manter un encontro de traballo con responsables do Executivo autonómico.

O convenio

A idea de construír no cine Zárate un centro de día empezou a xestarse a finais do 2006, cando o bipartito arrincaba o seu goberno na Xunta. Por aquel entón, o vicepresidente, Anxo Quintana, e o conselleiro de Industria, Fernando Branco, visitaron Mugardos para ver de primeira man o estado no que se atopaba o emblemático edificio e asinar un convenio de colaboración a tres bandas polo que o Concello se comprometía a negociar a compra do inmoble e a redactar o proxecto e a contratación das obras para levar a cabo a iniciativa. Pola súa banda, os diferentes departamentos do Goberno galego que se vían implicados nesta transformación achegarían o financiamento para que se convertese nunha realidade.
Con todo, o proceso se desaceleró pola necesidade dunha modificación puntual no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que permitía catalogar o chan que ocupa o cine Zárate como dotacional. Sen este cambio o Concello víase obrigado a actuar de forma conxunta en toda a mazá. Esta traba non se superou ata o ano pasado. [Ler máis]

1/02/2011

O Galicia de Mugardos coquetea co descenso


O Galicia de Mugardos de Germán Amil esbarou hoxe. Non foi capaz de vencer ao colista, o Castro, na Pedreira, nin sequera de facerlle o gol e o partido rematou co 0-0. A falta de goles no Mugardos é preocupante , de feito, é o menos goleador da categoría.

Arestora colócase na 15ª posición, cun escaso colchón de 3 puntos sobre os postos de descenso que marca o Viveiro. Tócalle seguir traballando a Germán Amil.

Galicia de Mugardos: Agustín; Juani, Jorge, Adrián Martínez, Sanmartín, Manel, Puchi (Máikel, m.46), Diego Seco (Grueiro, m.46), Óscar Pérez, Juan Jesús e Vituco (Rebolo, m.75).

Castro: Adrián Valín; Ferreiro, Pablo, Andón, Ruso, Edu, Máikel (Iago, m.79), Elías (Saavedra, m.90), Uxío, Lea e Eloy (Héctor, m.58).

Árbitro: Ruibal Argibay (Pontevedra). Mostrou cartón amarelo a Sanmartín, Manel e Óscar Pérez no Galicia de Mugardos; e a Edu e Máikel no Castro.

Incidencias: Encontro disputado no campo da Pedreira, en Mugardos, ante aproximadamente 150 espectadores.

1/01/2011

Primeiro gaseiro do ano 2011


Anuncian a entrada na Ría, do buque gaseiro “Iberica Knutsen” , coa súa perigosa carga para Reganosa. De entrar, serían 81 os metaneiros cargados con GNL-LNG, os que puxeran en perigo a toda a poboación da contorna da Ría de Ferrol.
Unha vez máis o corrupto e perigoso despropósito gasístico, amosa o seu portencial destrutivo coa entrada na Ría dun novo gaseiro. Se xa de por si a Planta de Gas, instalada no corazón da nosa Ría, é moi perigosa, cando entra un gaseiro na Ría, esta perigosidade aumenta exponencialmente. O gaseiro ten que sortear un sinuoso, longo, estreito e pouco caudaloso canle de entrada. E só pode entrar cando se dan unhas condicións meteorolóxicas determinadas. Nengún buque -grande ou pequeno- pode estar navegando pola Ría. A menos de 200 metros non pode estar outro buque ou embarcación, só os dos práticos, Guardia Civil e remolcadores. @s mariscadores teñen que paralizar as súas faenas. Logo a operación de descarga do gas, converte-se, durante horas, nunha auténtica bomba de reloxería que até que esta non acaba, o perigo de accidente é enorme. Ante calquer hipotético accidente que se producira no complexo, o buque tería que saír a mar aberto polos seu propios medios. É por iso polo que sempre emproa cara a boca da Ría e hai un ou dous remolcadores encostados mentras dura a descarga do perigoso fluído. Mais ante a imposibilidade de saír a mar aberto, a Autoridade Portuaria, designou un lugar para o buque que sería o fondeadeiro de Santa Lucia, a 400 m da Planta -frente as casas baratas de Mugardos- e que, ademais, non ten o calado suficiente para alberga-lo.
Todo o mundo sabe, e sobre todo os seus promotores, que esta planta nunca se debeu instalar dentro da Ría. Mais a codicia duns poucos, que xa o teñen todo, e a ambición persoal de falsos e mequetrefes e a corrupción política, permitiron semellante despropósito. Por outra banda a planta ve-se inecesaria, os datos son contundentes, traballa baixo mínimos, até algunha vez ten posto en perigo o propio sistema, tendo que intervir a xestora gasística no seu auxilio. Doe que sexa o diñeiro de tod@s nós, o diñeiro público o que teña que manter todo este despróposito.

Diante do anuncio da chegada do, xa coñecido, LNG “Iberica Knutsen”, o Comité Cidadán convoca nova acción de denuncia e protesta: CONCENTRACIÓN, este Lúns 3 de xaneiro de 2011, ás 7 da tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Antes de que suceda unha catástrofre

Comité Cidadán de Emerxencia

ferrolsuso.blogspot.com

Colectivo Ártabra 21

12/29/2010

Reganosa contribúe ao encarecemento das tarifas do gas e da electricidade

A planta de gas de Reganosa non soio e unha instalacion ilegal que supón unha ameaza para a vida de miles de cidadáns, o seu funcionamento acelera a destrucción da Ría xa que o proceso de regasigficación efectuase coa esterilización de miles de toneladas de auga da Ría, senon que ademais e unha instalacion deficitaria, neste ultimo ano a súa produción situouse en torno ao 40%. Esta instalación vai costar a os consumidores 1500 millons de euros a pagar en 25 anos.

Debemos lembrar que para “xustificar” a planta de gas de Reganosa construironse en Galicia 3 ciclos combinados que supuxeron a inversión de centos de millóns de euros e que son pagados polos consumidores repercutindo no precio da factura eléctrica. Estas centrales actualmente apenas en funcionamento constitúen un dos factores que contribuien a inflar a burbulla enerxética.

Esta disparatada situación so obedece a intereses económicos concretos. Galicia xa dispoñía dende fai 10 anos dun gasoducto que suministraba gas -mais barato- e que agora está pechado para darlle saida ao gas que entra pola planta de Reganosa.

Aportamos o seguinte dato: O solo donde se ubica a planta así como a concesión do porto foron utilizados polo grupo Tojeiro para incrementar o seu patrimonio, transferindoos a Reganosa cun sobreprecio sobre o do mercado, imputandolle o custo final as instalacions.

Recentemente a Xunta de Galicia inxectou 7 millons no capital de Reganosa euros ante a saida de varios socios .

Polo tanto, os cidadans non soio pagamos os 1500 millons de Reganosa a través dos recursos orzamentarios da Xunta, senón que agora o facemos duas veces tamen a traveso das empresas enerxéticas que engordan os seus beneficios co incremento das tarifas eléctrica e de gas aprobadas polo Goberno de Zapatero.

Ferrol a 29 de Decembro de 2010

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Benvidos e benvidas ao novo portal web do Concello de Mugardos

O Concello de Mugardos invítavos a descubrir o novo portal web corporativo. Un novo espazo web que nos permitirá ter un contacto máis directo e dinámico con todos os veciños e veciñas.

12/28/2010

Oito frontes xudiciais abertos

A plataforma cidadá que se opón á planta de gas ten en marcha oito contenciosos en diferentes instancias xudiciais coa regasificadora situada ao pé da ría de Ferrol. O máis importante é o recurso contra a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Mugardos, que permitiu edificar a planta de gas e que tamén terá que dirimir o Tribunal Supremo.

Na última década, o Comité Cidadán de Emerxencia recorreu a licenza municipal de Reganosa e a autorización administrativa previa, ademais das autorización de construción e verteduras ao mar, xunto coas actas de posta en servizo e as actas de probas parciais, ademais do controvertido Plan de Emerxencia Exterior. Estes sete recursos continúan a súa tramitación xudicial. O colectivo tamén ha litigado nos tribunais contra a declaración de efectos ambientais (DEA), que o Supremo dá agora por resolta, a concesión marítimo terrestre outorgada a Reganosa pola Autoridade Portuaria de Ferrol, desestimada polo mesmo tribunal, e alegou contra o dragado da ría.

"A loita segue aberta na fronte xurídica", asegurou onte Manuel Carballeira, portavoz da plataforma veciñal. "Esta última sentenza non converte en legal unha planta que, desde os seus inicios, susténtase en ilegalidades manifestas". Ademais, hai dous expedientes abertos contra a terminal na Comisións de Peticións e a de Competencia da Unión Europea, a partir das denuncias dos veciños de Meá e de Esquerda Unida.

Desde que iniciou a súa actividade, en maio de 2007, oitenta gaseiros atracaron na planta situada no termo municipal de Mugardos, o último, a pasada Noiteboa. Todos e cada un deles, foron recibidos cunha concentración de protesta.

Lorena Bustabad elpais.com

12/27/2010

O Comité Cidadán di que a sentenza non entra "no fondo do asunto" sobre a legalidade da planta de Mugardos

Reganosa Ilegal, Perigosa, Innecesaria e Deficitaria


NOTA DE PRENSA DO CCE SOBRE A SENTENCIA DO SUPREMO (27/12/2010)
(Recurso de casación presentado por Reganosa e Xunta de Galicia)

Aínda que Reganosa e o Presidente da Xunta de Galicia, Nuñez Feijoo, celebren a sentencia do Tribunal Supremo e declaren que REGANOSA, é xa unha empresa legal, a sentencia ditada declarando inadmisible o recurso contencioso administrativo interposto pola Plataforma Veciñal da Parroquia de Meá, NON CONVIRTE EN LEGAL UNHA PLANTA QUE DESDE OS SEUS INICIOS SE SUSTENTA EN ILEGALIDADES MANIFESTAS, e é só unha sentencia máis que evita pronunciarse sobre o fundamental:

Reganosa é unha planta que polas súas características precisa dunha Declaración de Impacto Ambiental -DIA, o mesmo que dun Plan de Emerxencia Exterior. Esixencias que, pola súa perigosidade, só se lle requiren a 10 empresas en toda Galicia, tres delas situadas en Punta Promontorio, no concello de Mugardos.

Hai que lembrar que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, non só declaraba a admisibilidade do recurso, senón que na súa sentencia entraba no fondo do asunto, é dicir, a Planta de Gas de Reganosa está obrigada á tramitación da Declaración de Impacto Ambiental DIA, da que carece, e non da simple Declaración de Efectos Ambientais DEA, como manteñen os promotores de Reganosa e a Xunta. Nesta sentencia o Tribunal Supremo declara inadmisible o recurso, por estar dirixido contra un acto de trámite, pero non se pronuncia sobre a outra parte, a fundamental referida á Declaración de Impacto Ambiental.

Debemos lembrar que hai 8 contenciosos presentados polo CCE diante dos tribunais. Tamén existe unha sentencia do TSXG que anulou a modificación puntual do Plan de Ordenación de Mugardos que serviu de base para a licencia de construción de Reganosa, e que está recorrida, por Reganosa e a Xunta, diante do Supremo. Tribunal que deberá aínda entrar no fondo do asunto, convertendo en pura propaganda as palabras tanto de Reganosa como do Presidente da Xunta, sobre a legalidade da maioría das actuacións referidas á planta regasificadora.

Ferrol a 27 de Decembro de 2010

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

A noticia en Europapress:

O Supremo alega que a DEA pola regasificadora de Mugardos "non pode ser impugnado de forma autónoma"

O Comité Cidadán di que a sentenza non entra "no fondo do asunto" sobre a legalidade da planta de Mugardos