4/10/2011

Empate do Galicia de Mugardos que non vale de moito

O Galicia de Mugardos empatou a tres goles co Flavia de Padrón en partido xogado esta tarde no campo de A Pedreira. O Galicia mereceu máis pero no fútbol goles son amores. Comezou marcando Juan Jesús no minuto 6 de partido e un minuto máis tarde colocou terra por medio Rubén Seco dunha volea fóra do área. No minuto 16 o xogador Tino fixo o primeiro tanto para o Flavio de Padrón. Con 2 a 1 chegouse ao descanso. Na segunda metade Marcos empatou para o Flavio mentres que Rebolo colocou o terceiro do Galicia de Mugardos xa no minuto 90. Pero o conxunto de Germán Amil tivo mala sorte porque foi sacar de centro e o Flavia colocar o balón dentro da porta de Oscar que saiu en sustitución de Agustín que abandonou o campo por mor dunha lesión nun ombreiro. O tanto do empate a tres goles foi obra de Banana para o conxunto compostelán. Ao final reparto dun punto para cada equipo. Galicia de Mugardos.-Agustín, Jorge, Adrián Martínez, Rubén, Manel, Rubén Seco, Juan Jesús, Rebolo, Suso Peña e Maikel. Tamén sairon ao longo do partido o porteiro suplente Oscar, Sanmartín, Canosa e Vituco. Flavia.- Diego Perol, Roberto, Moncho, Suso, Alfonso, Banana, Tino, Zoco, Laro, Marcos e Saro. Tamén xogaron Héctor, Roi, Pini e Esperón. Árbitro.- Marcos Antonio Fernández de Lugo auxiliado por Gabriel Cortón Fernández e Eduardo Feijóo Trigo. Sinalaron cartóns amarelos a Rubén Seco e Juan Jesús do Galicia de Mugardos e a Diego Perol, Roberto e Laro do Flavia de Padrón.

voltaaria.com

4/09/2011

Verquido na Ría de Ferrol chega á Enseada de Caranza

A Ría de Ferrol está moi depauperada, cantidades enormes de augas residuais urbanas son verquidas diariamente desde moitos puntos da súa contorna. Os verquidos industriais continúan. E non hai quen poña freo aos verquidos que moitos buques realizan sen nengún tipo de controlo. Non hai autoridade ningunha que poña freo a tanta agresión contra o medio ambiente.

A nosa Ría é un verdadeiro sumidoiro.

A depuradora de Prioriño Chico xa está construída, falta o emisario submarino que levará as augas depuradas varios centos de metros mar a dentro. O túnel -emisario terrestre- de case 7 Km desde A Cabana até a depuradora, xa hai máis de dous anos que está construído e rematado o seu encofrado interno, a estación de bombeo d'A Cabana, leva máis de 3 anos construída. Falta un traballo fundamental responsabilidade dos concellos de Narón e Ferrol, e "Augas de Galicia", que non souberon estar á altura das circunstancias, deixando deteriorar os colectores xerais e non construíndo as necesarias ramificacións, enlaces secundarios e nós de distribución. A Ría de Ferrol esmorece porque os nosos gobernos municipais e autonómicos actuaron con deixamento e neglixencia. Sacrificar a Ría de Ferrol, estaba nos planos dos diferentes gobernos Fraga, e ese terrorífico plan, puido ser executado sen case oposicións desde outras administracións. A construción de Reganosa no corazón da Ría é unha proba de-lo.

Hoxe pola mañá unha mancha viscosa de cor amarelo entraba na Enseada de Caranza procedente doutra banda da Ría, o vento sopraba forte do oeste traendo a citada mancha. Na outra banda da Ría había dous buques atracados en "Forestal del Atlántico", un no pantalán de deslastre e desgasificación e outro no peirao de Punta Promontorio, que elevou ancoras sobre o mediodía. En Navantia outro buque reparaba no peirao de carenas. Non se pode permitir que segan emporcando, contaminando e destruindo a nosa Ría. A defensa da Ría ten-se que converter nunha das principais bandeiras reivindicativas do movimento ecoloxista e social transformador desta Comarca. Do estado de saúde da nosa Ría, depende o noso estado de futuro, ... depende o noso futuro.

Ártabra 21

4/08/2011

Perigo!! gaseiro 88 cargado con GNL para Reganosa



Mañá, sábado dia 9 de Abril está prevista a entrada dun novo gaseiro na Ría de Ferrol, trátase do buque gaseiro "LNG Finima” que coa súa perigosa carga de Gas Natural Licuado (LNG), para a ilegal Reganosa, faría o nº 88 que entra na Ría desde Maio de 2007, poñendo en alto risco de inseguridade a miles de persoas.

Unha vez máis esta irresponsabilidade non pode quedar sen resposta, é por iso, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia decide convocar a CONCENTRACIÓN de protesta, mañá sábado día 9 de Abril de 2011, ás 8 da tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en Ferrol.

Antes de que suceda unha catástrofre




ferrolsuso.blogspot.com

4/07/2011

Pídense novas ideas para o cartel da "Festa do polbo" de Mugardos


A concellaría de Cultura e Deportes do muncipio mantedrá aberto o prazo durante todo o mes de abril.


Xa está aberto o prazo de presentación de carteis para a XXI edición da Festa do Polbo de Mugardos. Poderán participar todas aquelas persoas, maiores de 16 anos, que o desexen. Os traballos irán asinados con pseudónimo, acompañados dun sobre pechado que estará pegado por detrás do cartel, cos datos completos do autor/a.

O premio consistirá en 500 € que se entregarán en metálico. As obras presentaranse no rexistro de entrada do Concello de Mugardos ou se enviarán mediante correo certificado, segundo estabelece a Lei de Réxime Xurídico do Procedemento Administrativo Común no art. 38.4, á seguinte dirección:


Concurso de carteis XXI Festa do Polbo Concello de Mugardos

Avda. de Galicia, núm. 45

15620 Mugardos (A Coruña)


4/03/2011

Reparto de puntos e de xogo entre o Viveiro e o Galicia de Mugardos

Viveiro 1-1 Galicia de Mugardos

Viveiro e Galicia de Mugardos déronse un apretón de máns esta tarde na ensenada de Covas. Parece como si pactaran a situación. Foi un típico partido de dous equipos que están na mesma zona e que se xogan o mesmo. Os dous goles foron en xogada.
Comezou marcando o Mugardos co tanto de Maikel. Corría o minuto 42 de partido cando Rebolo centra dende a banda e Maikel remata de tiro cruzado batendo a porta de Trullo. Con vitoria pola mínima do equipo de Germán Amil chegouse ao descanso.
Nos primeiros minutos da segunda parte o Viveiro empatou o partido. Concretamente Aurelio aproveitou un contragolpe do seu equipo para bater de vaselina a Agustín. Con 1 a 1 no marcador, os dous equipos intentaron buscar ocasións para materializar pero os dous conxuntos foron eficaces no xogo defensivo.
Ao final reparto dun punto para cada equipo e Mugardos e Viveiro atópanse a tres puntos do Foz e polo tanto dos postos potenciais de perigo de descenso de categoría. Isto quere dicir que non se poden durmir dende hoxe ata o final de liga.

Galicia de Mugardos.-Agustín, Rouco, Jorge, Adrián, Rubén, Manel, Maikel, Juan Jesús, Rebolo, Suso Peña, Vituco. Para cambios saiu Sanmartín por Vituco, Rubén Seco por Rebolo, Canosa por Juan Jesús e Oscar Pérez por Maikel.

Viveiro.-Trullo, Prieto, Piru, Juan Carlos, Alonso, Bruno, Pablo Coello, Aurelio, Pedreira, Troncho, Pablo Lago. Para cambios saiu Esteban por Pablo Coello e Abraham por Troncho.

Arbitro.- Pozo Alvarez de Ourense asistido por Dieguez Novoa e Hernández González. Tarxetas.- Amarelas para os xogadores do Mugardos Manel, Juan Jesús e Suso Peña.


3/31/2011

Petición do CCE ao Valedor do Pobo

Reganosa ao caron de Forestal e Inmegasa

Extracto do escrito que o Comité Cidadán de Emerxencia dirixe ao Valedor do Pobo:

Na noite do 19 de Abril de 2010 tivo lugar un incendio no complexo petroquímico de Forestal del Atlántico (Punta Promontorio –Concello de Mugardos) a 200 m da Planta de gas de Reganosa no interior da Ría de Ferrol, no mesmo momento no que se procedía a descarga de 58.372 Tons de GNL polo gaseiro “Madrid Spirit”. Esta situación foi de máximo perigo para todos os que vivimos na contorna da Ría, debido ao efecto dominó que puido ocasionar unha explosión nos depósitos de Forestal del Atlántico. Os bombeiros de Ferrol conseguiron controlar o incendio despois de dúas horas de traballo. A pesar do ocorrido non se activou o Plan de Emerxencia de Forestal, nin o de Reganosa.

Ningún organismo público (Dirección Xeral de Protección Civil, Concello etc..) alertou a poboación nin se pronunciou ao respecto.

Estes sucesos leváronos a dirixirnos ao Director Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia mediante escrito (4 de Maio de 2010) solicitando as oportunas aclaracións dos feitos. A xuntanza, entre representantes da Plataforma de veciños de Mehá, membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol co Director Xeral de Emerxencias e Interior (Antonio Villanueva Álvarez) e o Subdirector (Roberto Suárez Vázquez) tivo lugar o 4 de Xuño de 2010, nela o Director comprometeuse a entregar toda a documentación relativa ao procedemento de avaliación do incidente recollido no protocolo do Plan de Emerxencia Exterior de Forestal, así como tamén a implementar simulacros de emerxencia entre a poboación, ao que están obrigados, e que non fixeron ate agora.

A pesares do tempo transcorrido, e de sendos escritos enviados pola Asociación (17/Xuño/2010 e 19/Outubro/2010) solicitando a devandita documentación, o certo é que a mesma non nos foi entregado nin os plans de emerxencia implementados e actualizados cada 3 anos como esixe o RD 1196/2003 Directriz básica de protección civil para o control e planificación ante o risco de accidentes graves.

Por todo elo , Solicitamos a intervención de Vostede para obter da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia a devandita documentación e que os nosos dereitos a información e a protección sexan respectados.

En Ferrol a 28 de Marzo de 2011

Ler Escrito completo e anexos

Comité Cidadán de Emerxencia


ferrolsuso.blogspot.com

3/29/2011

Os perigos de Reganosa


Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Onte 28 de marzo, fixo a súa entrada na Ría, de xeito ilegal, o “Catalunya Spirit”, cargado de GNL, a través dunha canle de 4,5 Km. e 150 m. de ancho navegable, con 6 cambios de rumo.

Ilegal, xa que os gaseiros cargados non poden cumplir a normativa de navegabilidade, no caso dunha emerxencia, dadas as condicións da Ría de Ferrol.

O tráfico dos gaseiros e a ubicación da Planta de Reganosa – ilegal e innecesaria – supón un risco permanente para a vida dos milleiros de persoas que habitan a súa contorna.

Unha planta que alberga 150.000 Tons. de GNL e está situada ao carón do Complexo “Forestal del Atlántico” con máis de 280.000 Tons. de combustibles e produtos químicos, ubicado todo elo a poucos metros das vivendas da veciñanza.

Un accidente fortuito nesas instalacións, unha catástrofe natural ou un acto terrorista (as Plantas de Gas son obxetivo prioritario de Al Qaeda), causarían unha traxedia irreparable nesta comarca.

Lembremos que no accidente dos Alfaques (1978), un camión-cisterna con 25 Tons. de gas líquido (propileno) matou a 243 persoas. Reganosa equivale a 6.000 camións ou 12.000.000 de bombonas.

Agora mesmo en Xapón, logo do terremoto e o tsunami, están a sofrir o desastre nuclear, con efectos impredecibles que afectarán non só os xaponeses. E esto ocurre despois de moitos anos desprezando ou silenciando as opinións de persoas sensatas que advertían dos peligros, pero o beneficio económico das empresas enerxéticas – igual que acontece con Reganosa – foron considerados máis importantes que a seguridade das persoas.

Aquí, a Dirección Xeral de Emerxencia da Xunta de Galicia, segundo un medio de comunicación, vai a completar o Plan de Emerxencia de Reganosa, catro anos despois da entrada en funcionamento da Planta.

Esto da a medida da insensatez de quen, desde a administración pública, debería velar pola seguridade da cidadanía e non supeditala aos intereses dos promotores.

Nos vindeiros días o CCE vaise dirixir ao Valedor do Pobo para que lle sexa entregada a documentación requerida á Xunta – e todavía non recibida – logo do incendio ocorrido no mes de abril do 2010.

Exiximos, unha vez máis, anticipándonos a un accidente irreparable, o desmantelamento da Planta e a reapertura do gasoducto de Tui, bloqueado para beneficio dos promotores de Reganosa.

Ferrol, 29 de marzo 2011

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

ÁLBUM FOTOGRÁFICO DA PROTESTA DE ONTE

3/27/2011

Vítoria xusta do Galicia de Mugardos na Pedreira ante o Foz




O Galicia de Mugardos gañou ao Foz por 3 tantos a 1 nun partido onde o conxunto lugués non amosou moito potencial ofensivo e deixou o dominio do centro do campo nas máns do equipo de Germán Amil. O Mugardos foise ao descanso con vítoria pola mínima grazas ao gol de Vituco.

Na segunda metade o Galicia ampliou a súa ventaxa co tanto de Maikel e sentenciou co gol de Grueiro, prácticamente ao remate do tempo regulamentario.

O tanto da honra do Foz chegou cando o reloxo marcaba o minuto 85 de partido e foi obra de Dumi tras un erro defensivo mugardés. Dumi foi o mellor xogador do Foz esta tarde na Pedreira.

O primeiro tanto da tarde saiu dunha xogada que parte de Manel ao ver a Vituco internarse pola banda dereita, o pase permite a Vituco quedarse só diante da porta de Bruzas e bater ao porteiro visitante por baixo.

Na segunda metade, o segundo gol do equipo de Germán Amil chegou no minuto 81 de partido e foi obra de Maikel cando rouba un balón ao Foz e bateu ao porteiro visitante a media altura.

O terceiro do Mugardos marcouno Grueiro tras a incorporación do xogador pola banda esquerda e despois de lograr bater ao porteiro Bruzas dun tiro cruzado.

Ao final tres puntos de ouro para un Galicia de Mugardos que volveu a reencontrarse coas vítorias.


Galicia de Mugardos.-Agustín, Rouco, Jorge, Rubén, Adrián Martínez, Maikel, Diego Seco, Rebolo, Juan Jesús e Vituco. Nos cambios sairón Canosa por Diego Seco no descanso. Min 85 Grueiro por Vituco. Min 90 Oscar Pérez por Rebolo.


Foz.- Bruzas, Rubén, Javi Chinchón, Dani Chinchón, Diego Hermida, David, Iago, Dumi, Nacho, Cristián Iglesias, Celeiro. Nos cambios entrou José no minuto 68 por Cristián Iglesias e Adrián Rivas por Dani Chinchón no minuto 81.


Arbitrou o partido o colexiado coruñés Marco Antonio Andrade Seoane auxiliado por Patricia Rodríguez e Adrián García.


3/26/2011

Perigo!! gaseiro 87 cargado con GNL para Reganosa


Agárdase para o lúns día 28 de marzo a entrada na ría de Ferrol do gaseiro cargado con GNL, nº 87 , "Catalunya Spirit", un gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL para a ilegal e perigosa Reganosa.

É por isto polo que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha CONCENTRACIÓN de protesta este lúns 28 de marzo, ás 7 da tarde, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García, en Ferrol.

O Comité demanda unha vez mais a paralización e desmantelamento da Planta de Reganosa e hoxe en día, a realidade, vai colmando de lexitimidade esta exixencia:

Nunha coxuntura económica como a actual é un tremendo despropósito manter, a costa dos impostos de toda a cidadanía, unha Planta antieconómica e innecesaria só para lucro dos seus promotores.

Ante a triste situación que contemplamos estes días no Xapón, faise imprescindible valorar a extrema perigosidade desta Planta dentro da nosa Ría. De suceder calquera tipo de catástrofe natural, accidente no seu funcionamento ou agresión terrorista, pola súa improcedente e interesada ubicación, sería a ruina da comarca e das vidas dos seus habitantes.

Antes de que suceda unha catástrofre


Comité Cidadán de Emerxencia

Culmina o Seminario de Comarcas Sostibles con éxito de asistencia

Boa asistencia e mellores críticas é o que se levou este ano o Seminario Internacional de Comarcas Sostibles. Quizá pola inevitable actualidade ou por que de verdade xa estamos collendo conciencia do noso ao redor, o caso é que as xornadas organizadas este xoves e venres pola Mancomunidade do Sueste foron todo un éxito de asistencia.

A auga como fonte de enerxía alternativa foi a protagonista da primeira xornada do 6º Seminario Internacional de Comarcas Sostibles que comenzou este xoves ás 11:30 horas; con todo o Centro Cultural da Vila de Ingenio "Federico García Lorca" tamén tivo o seu momento de gloria xa que se estreaba para a ocasión. Cheo ata a bandeira, o lugar aínda cheiraba a recentemente pintado e os asistentes encomiaron o bo gusto da súa estrutura.

A gran ausencia foi a de César do Campo, presidente do grupo de Enxeñería Oceánica de Madrid que era o primeiro relator, pero por unha cuestión de saúde de forza maior tivo que cancelar a súa participación no seminario. No seu lugar Guillermo García Reina, Director do Centro de Biotecnoloxía Mariña de Gran Canaria expuxo o primeiro relatorio. O seu proxecto sobre a biomasa interesou aos asistentes de forma notable. "Estou convencido de que a biomasa salvaranos", dixo.

"Desde o punto de vista técnico, o Sueste é o mellor sitio para comezar o proxecto", engadiu. Durante o xoves e o venres expertos de todo o mundo debaterán e exporán os seus relatorios sobre enerxías renovables e desenvolvemento sostible, uns termos que son bastante familiares para os veciños da Comarca do Sureste xa que desde a Mancomunidade molestáronse en ter sempre moi presente. [Ler máis]