10/25/2009

Chipy inflama Pontedeume


José Antonio Bouza, Chipy, con 23 anos de edade é un dos futbolistas como máis proxección no fútbol de Ferrolterra. Este ano deixou a súa casa, de toda a vida, o Galicia de Mugardos e probou sorte co Eume Deportivo. “Non me vai mal en Pontedeume” apuntou. Actualmente é o máximo anotador do equipo. O ano pasado foi o “pichichi” da Segunda Autonómica de Ferrolterra no seu conxunto o Mugardos B que entrenaba Miguel Fernández. Marcou 29 goles. “Levo dende os catro anos dando patadas a un balón” e sempre nos equipos do Galicia de Mugardos, directa ou indirectamente. Para Chipy o balón é algo cotidiano.
Formado en todos os equipos e categorías do Galicia, Chipy probou sorte en cadetes co Racing de Ferrol. “Prometía” e o Racing cadete de Torquemada fichouno. O equipo militaba en División de Honra e “foi unha grata experiencia”. “Aprendimos moito” pero tamén descendimos e volvín para o Galicia. O ano pasado tomou unha decisión trascendental: deixou o club da Pedreira e marchou a Pontedeume co seu amigo e adestrador Juan Fernández. “Pensei que non iba a xogar” afirma en Radiofusión. De todas formas non se arrepinte de marchar para o Eume. Chipy atópase cómodo coa camiseta azul e branca do club da vila dos Andrade. O ano pasado foi “pichichi” da Segunda Autonómica de Ferrolterra, este ano nin se plantexa volver a repetir esta fazaña na liga provincial aínda que recoñece que no fútbol “todo é posible”.

Sem comentários: