10/02/2009

LNG "Bayelsa" 53 Gaseiro Ilegal

LNG Bayelsa


De novo un gaseiro cargado con GNL-LNG, ten prevista a súa entrada na Ría de Ferrol, aumentando exponencialmente o perigo que de por si mesma representa Reganosa, instalada no corazón da Ría, no concello de Mugardos.
Este buque o “LNG Bayelsa”, que procede de Nixeria [país onde a extracción de gas e petróleo só produce corrupción, miseria e xenocidio contra a poboación, onde, só uns poucos e as transnacionais petroleiras, se enriquecen a consta dos recursos enerxéticos do país africano], faría o número 53 que irresponsabelmente entran, periodicamente, na Ría desde Maio de 2007.
Diante da anunciada chegada do xa citado buque, “LNG Bayelsa”, o vindeiro sábado 3 de Outubro de 2009, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unha nova concentración, ás 8 da tarde, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García de Ferrol.


Antes de que suceda unha catástrofre

Sem comentários: