11/24/2010

O Commonwealth Bank entrará en Reganosa


O fondo de investimento australiano First State, pertencente ao Commonwealth Bank, entrará no accionariado de Reganosa, a sociedade promotora da planta de gas de Mugardos. Caixa Galicia e Caixanova, as integrantes da nova caixa de aforros galega -que elude pronunciarse respecto diso-, ultiman un acordo de venda das súas participacións que, segundo apuntan fontes do sector, xa podería ata estar finalizado. Farase así co 15% das accións, o 10% pertencente a Caixa Galicia, e o outro 5%, a Caixanova.
A pasada primavera, cando Endesa anunciou a súa intención de desinvertir na regasificadora, alcanzou un acordo inicial de venda co First State, que tamén selou un pacto similar coas caixas e co Pastor. En total, ía facerse co 41% da sociedade e a converterse en socio maioritario, pero entón a Xunta e o Grupo Tojeiro lanzaron unha ofensiva conxunta para garantir a galeguidade de Reganosa e fixeron valer os seus dereitos de compra preferentes. Tras esta operación, Tojeiro conta co 36,5% do accionariado, mentres que o Goberno autonómico, o 17,5%. Gas Natural Fenosa continúa como socio de referencia, co 21%.
A entrada do First State -é un fondo de pensións- pecha o mapa de cambios no capital da planta de gas galega, da que nos últimos meses saíron dúas compañías -Endesa e o Banco Pastor- e están a piques de facelo as dúas caixas. A cambio, dá entrada ao banco australiano, que será o segundo socio foráneo, tras a alxerina Sonatrach, da sociedade.

Sem comentários: