Opinión de Alexandre Carrodeguas, Membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
Que salga nestes momentos o alcalde das Pontes e voceiro de enerxia do PSOE, Valentín Formoso, defendendo o carácter estratéxico de Reganosa e a súa galeguización amosa ate que punto os chamados a ser os representantes cidadáns non són mais que comisarios poltíticos do grande capital especulativo. Todas e todos sabemos que Reganosa representa a alianza entre esta “clase política” que vive en palacio e a oligarquia económica que manten un poder feudal na nosa terra. Xogan coas vidas e intereses dos moradores nesta ría co único afan de incrementar os seus suxos beneficios e o seu malvado poder. Cansaronnos coa cantinela do carácter disque extratéxico para Galiza da planta de gas e agora sabemos que o único que se pretendía era un megaproxecto de dudosa rentabilidade social que participara do grande banquete constructivo-inmobiliario dos anos pasados. Este caciquismo logrou en connivencia cos poderes públicos asaltar o noso patrimonio común para poñelo ó servizo dus poucos.
A venda da nosa ría, da nosa costa, supuxo depredar o territorio físico común para mercantilizalo en beneficio dos de sempre. Privatizando beneficios e externalizando os costes sociais. Esta falsa modernización foi a mesma que obrigou a abandonar a sua terra a miles de labregos e labregas, para facelos dependentes dos mercados globais. Queren que asimilemos falsamente “progreso” coa aniquilación do campesiñado e así nos alonxemos, desta maneira, cada vez máis da chamada soberanía alimentaria. Esquilmando a nosa ría, os nosos medios de vida, o único que facemos é profundizar na colonización da nosa terra. Os nosos mariñeiros e mariscadores son un estorbo para esta expansión comtemporánea do capital.
Isto non é máis que o que algún marxista denomina “acumulación por desposesión”, que consiste en arrincar das suas economias naturais os seus soberanos poboadores. O obxetivo é destruír os medios de vida, e facer dependentes os pobos orixinarios. Por iso a loita polo territorio, pola nosa ría non é unha loita romántica ou bucólica senón que é unha loita pola supervivencia, pola conservación da tradición comunitaria. Hai que loitar contra este modelo “revolucionario” capitalista que necesita depredar os homes e as terras para seguir acumulando capital nunha carreira sin fin. E Reganosa é un bó exemplo de todo isto.
Estes últimos momentos “accionariais” non són pois que máis do mesmo, igual que nos pode servir de exemplo a venda de Autoestradas do Atlántico por parte de Sacyr á ianqui Citygroup nunha acción meramente especulativa. Agora os accionista maioritarios desta industria "extratexica" para Galiza volven a facer caixa (outra vez) dándolle entrada a un fondo especulativo australián, o dito máis do mesmo. E mentras tanto a única voz que se escoita é a do nacionalismo institucional e para reclamar o mantemento do capital galego na empresa. En vez de denunciar a este capitalismo colonial e de industrias de “enclave” choran a perda do querido “capital galego”. Como se o capital galego fose salvífico. Sería para chorar se non fose comico. Parece que o guión o marca Santiago Rey e os “nacionalistas” do tan cacarexado peso en Madrid o seguen ó pe da letra.
Pero nos seguiremos a loitar contra esta valorización capitalista da nosa ría. Sexan australiáns ou capitalistas galegos. Porque como decía o grande xefe Indio Sattle: ¿Como se pode mercar e vender a Terra?. Berremos pois todas e todos: A ría e nosa e non de Reganosa.
Comité Cidadán de Emerxencia
Diario de Ferrol
O poder da risa
Há 1 semana
Sem comentários:
Enviar um comentário