2/12/2011

O gaseiro de onte non entrou. E van 19


O gaseiro “Cheikh el Mokrani” que fará o número 84 dos que, ilegal e perigosamente, chegan á nosa Ría transportando GNL para Reganosa, e que tiña prevista onte a súa entrada, tivo que desistir debido á forza do vento e permanece navegando polas inmediacións das nosas costas, á espera de poder arribar na marea de mañá.

Con esta, van xa 19 ocasións nas que as condicións meteorolóxicas impiden a entrada dos gaseiros a unha planta mal situada, no interior dunha ría angosta e perigosa para este tipo de buques.

O 22,62% deles (case un de cada catro) vense obrigados a atrasar un ou máis días a súa entrada.

En circunstancias como as de hoxe, se podería atracar no Porto Exterior, onde estaba prevista en principio a Planta de Gas, e cuxa localización se cambiou a Punta Promontoiro, exclusivamente para favorecer os intereses especulativos do Grupo Tojeiro.

Esta decisión de pasar dun chan público e seguro a un chan privado e perigoso, ademas de supor unha ameaza para a cidadanía e para a sustentabilidade da Ría e os seus traballadores, encarece notablemente o custo do gas que ao final pagamos todos nos recibos de gas e electricidade.

E todo isto, para manter aberta unha planta totalmente innecesaria, para a que unha vez máis, demandamos das Autoridades o cesamento de actividade e a posta en servizo novamente dos gasodutos que desde o inicio de Reganosa manteñen pechados e que serían unha solución moito máis segura e barata.

Na tarde de onte, membros do Comité Cidadán de Emerxencia concentráronse, como sucede sempre que se agarda entrada de gaseiro, diante do Edificio da Xunta de Galicia, para demandar:

Comité Cidadán de Emerxencia

ferrolsuso.blogspot.com

Por segundo día consecutivo o “Cheikh el Mokrani” tivo que desistir da súa entrada á Ría debido á intensa néboa á hora da única pleamar diúrna. Posiblemente mañá tampouco poida aproximarse dado que se esperan malas condicións meteorolóxicas na bocana da ría.

Sem comentários: