O Supremo anula a modificación do PXOM de Mugardos de 2003 que amparou a planta de Reganosa
O Tribunal Supremo vén de desestimar a apelación de Reganosa á sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 22 de abril de 2008, que anulaba a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos que serviu de base para a licencia de obras da planta de gas. Manuel Rodríguez, coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia, afirma que se trata dunha "ilegalidade insubsanable", pois "as casas están a 100 metros, o núcleo urbano a 400 e o Arsenal a 800. A única forma de legalizar a planta sería ilegalizando o Arsenal, os veciños de Meá, os veciños de Mugardos".
Rodríguez asegura que "esta planta carece de declaración de impacto ambiental, que debía ser previa e xustificar por que se escolleu esta localización en detrimento de outras. Acolléronse a un sucedáneo: a declaración de efectos ambientais, realizada a medida pola Xunta". A sentencia do Supremo pon fin a un proceso xudicial que durou oito anos e que o Comité Cidadán xa confiaba en que se resolvese deste xeito.
En calquera caso, aínda que o Tribunal Supremo anula a modificación do plan xeral de 2003, o Concello de Mugardos iniciara hai uns anos o proceso para modificar novamente o PXOM, de xeito que a planta de gas se adaptase á normativa ambiental, para cumprir co plano estatal de ampliación de produción e para aprobar medidas de control de riscos de accidentes graves no entorno da planta de Reganosa. A modificación do PXOM tamén buscaba protexer a Reganosa dunha sentencia xudicial do Supremo coma a coñecida este martes que confirmase a que xa enunciara o TSXG.
Finalmente, a modificación do PXOM (Modificación Puntual para a adecuación de usos de regasificación no solo industrial de Punta Promontoiro) foi aprobada nun pleno municipal celebrado o 19 de abril de 2012, cos votos a favor de PP, PSOE e BNG e o voto en contra de EU, despois de pasar polo periodo de exposición pública. [Ler máis]
Antes de que suceda unha catástrofre
Comité Cidadán de Emerxencia
ferrolsuso.blogspot
Sem comentários:
Enviar um comentário