"Castillo de Villalba" operando na terminal de Mugardos
Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 192 gaseiro cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" convoca a súa 192 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros no interior da nosa ría.
Así como reclamamos que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo, que dictaminou que a planta de gas de Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol, (esta sentenza é inapelable).
Concentración:
Luns, 20 de abril, ás 19:00 h. diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García – Ferrol)
Características do buque: Nome.- Castillo de Villalba, Bandeira.- España, Eslora.- 284.4m, Manga.- 42.5 m, Puntal.-57.7 m, Calado.-11.4 m, Capacidade.- 138.000 m³ de GNL
PASO A PASO
Sem comentários:
Enviar um comentário