4/03/2015

Nota do CCE sobre a ampliación de Reganosa

Reganosa (César Toimil)

 Ante as noticias difundidas por Reganosa e a Xunta de Galicia sobre unha posible ampliación da capacidade de almacenaxe e regasificación de Reganosa o Comité Cidadán de Emerxencia quere aclarar á cidadanía de Ferrolterra o seguinte:

A demanda de gas para a xeración eléctrica e para consumo convencional está en descenso continuado desde o ano 2008. A produción anual da planta de gas de Reganosa ven diminuíndo progresivamente desde a súa posta en funcionamento (informe de Enagas 2014). O ratio de utilización da planta de Mugardos segue diminuíndo cada ano. De feito durante o ultimo ano 2014 foi do 28.6%.

A pesares da escasa produción de Reganosa, de que a demanda de consumo de gas non se prevé que suba senón que baixe, os promotores de Reganosa pretenden duplicar a capacidade de regasificación da planta, argumentando unha necesidade ficticia de gas para xustificar un aumento da capacidade de produción. Non hai mais motivo que acadar unha maior retribución fixa, xa que o sistema gasístico do estado español, retribúe ás empresas gasísticas en función da capacidade de produción outorgada, non da produción real.

A Xunta de Galicia do PP como socia de Reganosa, avala a ampliación da planta de Reganosa que non se sustenta en dato algún, inflando a burbulla enerxética, e o chamado Déficit enerxético ( avaliado actualmente en 30.000 millóns de euros): unha estafa á cidadanía que fai que paguemos a enerxía mais cara de Europa. Ler máis

Paso a Paso
 




Sem comentários: