6/08/2009

A Universidade de Santiago (USC) inspecciona Reganosa

Grupo de Modelización Ambiental da USC

Coñecer sobre o terreo o proceso que levan a cabo na planta regasificadora de Reganosa foi o obxectivo da visita de once investigadores da Universidade de Santiago que viaxaron ás instalacións da citada empresa en Mugardos.
Este equipo de científicos forma o Grupo de Modelización Ambiental que dirixe o catedrático de Enxeñería Química Juan Casares Long . Ademais dunha sesión na que un técnico lles explicou como opera a planta, o grupo percorreu a instalación e verificou o proceso de vaporización, no que se produce o paso do gas natural do estado líquido ao gaseoso.

ABC.es

A Voz de Reganosa

Peche indefinido dos dous traballadores de Montaxes Cabral

Juan Fernández e José Becerra no encerro

Os dous traballadores de Montaxes Cabral pecharonse este mediodía e indefinidamente na Casa do concello de Fene. Se antes do mércores non teñen solucionado o seu problema, tanto Juan Fernandez como José Becerra, poñeránse en folga de fame.

É unha nova maneira de seguir reclamando a sua reinserción na empresa de orixe, Montaxes Cabral, ou en Navantia Fene onde traballaron durante 34 anos. Levan tres meses e medio na rua, sen cobrar un salario e, segundo nos fala un dos afectados, Juan Fernandez, as cousas siguen igual que ao principio. Juan Fernandez agradece todos os xestos solidarios, entre eles o pronunciamento do último pleno fenés, pero queren ver un resultado á inxusticia que se cometeu con eles ao quedar, por razóns de idade fora da empresa e fora do estaleiro, mentras vían como prexubilaban ao resto dos compañeiros. Os que foron compañeiros deles, hoxe prexubilados, amosan a sua solidaridade con eles, mantendo dende as 12 desta mañán outros peches de 24 horas, en diferentes concellos da comarca.

Radifusión

Europa press

A Voz (de Reganosa)

Diario de Ferrol

Xoves 11 de Xuño de 2009

Os traballadores de Cabral aprazan a folga de fame á espera dun acordo

Os dous empregados de Montaxes Cabral que permanecen desde o pasado luns pechados no Concello de Fene e desde hai tres meses sen cobrar e sen ter acceso ó seu posto de traballo, no estaleiro de Fene, decidiron aprazar a folga de fame, que tiñan anunciado comezaría onte, na espera dun acordo de recolocación que podería estar cercano. Os responsables da Federación de Industria de CCOO así llo transmitiron, asegurándolles que, de non chegar a solución, apoiarán tódalas medidas de presión que sexan necesarias.
Para hoxe está prevista unha xuntanza dos responsables sindicais de CCOO co alcalde de Fene, Iván Puentes, e membros da executiva do PSdeG-PSOE para abordar o asunto. Mentres tanto, os dous traballadores seguen a recibir mostras de solidariedade dos seus compañeiros prexubilados. Onte tiveron a visita do presidente do comité de empresa de Navantia Fene, José Rico (UGT), que lles transmitiu o seu apoio.

6/06/2009

SITUACIÓN DE OPERACIÓN EXCEPCIONAL


Debido á realización dos traballos de soldadura de tubaxes na posición 43 (Lemona), necesarios para o conexionado do novo gasoduto Haro-Lemona co existente Haro-Arrigorriaga, programados para os próximos días 9 ao 15 de xuño, intercéptase o transporte do gas nesta posición e, consecuentemente, debe limitarse a produción da emisión da Planta de BBG en Bilbao. Por todo iso, non é posible realizar a totalidade da regasificación programada polos usuarios na citada Planta durante o mes de xuño, non sendo factible a descarga de todos os buques inicialmente previstos. Con obxecto de non perder ningún cargamento de GNL para o mes de xuño, é preciso descargar noutra Planta do Sistema un metanero destinado inicialmente á Planta de Bilbao de BBG. Esta operación de mantemento estaba prevista no plan anual publicado.
Polo tanto, ante a afección dun usuario na Planta de Bilbao, que en todo caso non incorre en custos adicionais e que non ten inconveniente no desvío do metanero, suposto o recoñecemento comercial na planta de destino orixinal, declárase:

SITUACIÓN DE OPERACIÓN EXCEPCIONAL - NIVEL CERO - DESVÍO DE BUQUE METANERO DE 140.000 M3 GNL A PLANTA DE MUGARDOS DE REGANOSA, con descarga inicialmente prevista o día 19 de xuño de 2009.

Enagas. Nota de operación

Centos de persoas claman en Ferrol contra a planta de gas

Planta de gas fóra da ría


Convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia e pola rede Galiza Non Se Vende desenvolveuse en Ferrol unha manifestación que tivo como principal proclama a oposición á planta de gas de Reganosa.
Os manifestantes saíron da Praza de España e remataron o percorrido no peirao despois de ler distintos comunicados en sitios representativos da cidade. As críticas foron dirixidas principalmente aos promotores da planta de gas e institucións que hoxe por hoxe son responsabeis dos grandes males ambientais que sofre o territorio galego.
Ás portas de sucursais de Caixanova, Caixa Galicia ou Banco Pastor foron lidos manifestos que denunciaban tanto a política enerxética como o brutal urbanismo que cementa o litoral galego. [Ler máis]

6/04/2009

Forestal non cumpre con Kioto

Ver mapa ampliado


Das 64 instalacións que en Galicia están suxeitas a limitacións na emisión de dióxido de carbono e á Lei 1/2005 que regula o réxime de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro -as que logran quedar por baixo da súa cota poden acudir coas súas toneladas extra a un mercado de CO2 europeo cun funcionamento moi similar ao bolsista-, só 14 pasáronse e tiveron que comprar dereitos de emisión a outras empresas.
Kioto é unha materia pendente para a cementeira de Cosmos en Lugo, a planta de Cogeneración Noroeste en Santiago, a da Compañía Enerxética para o Taboleiro en Curtis, para Coren en Ourense, o ciclo combinado de Endesa nas Pontes, a fábrica de ladrillos de Portomarín, Forestal do Atlántico en Mugardos, Frinsa en Ribeira, Galega de Cogeneración en San Cibrao das Viñas, Galega de Residuos Gandeiros en Sarreaus, a planta de cogeneración de DDR en Boiro, a fábrica de Puleva en Nadela e a central de fuel de Fenosa en Sabón.

6/03/2009

Xuño 5 : Roteiro por Ferrol contra Reganosa

Venres, 5 de Xuño, Manifestación - Roteiro contra o despropósito de permanencia dunha Planta de Gas no corazón da nosa Ría. Polo desmantelamento de REGANOSA, por ilegal e perigosa, por ameazar a nosa vida e seguridade, porque empobrece a Ría, e porque foi construída utilizando a corrupción política, o engano e a manipulación, só por intereses espúreos, económicos e políticos, duns poucos ricos, poderosos e covizosos.
A saída da Manifestación - Roteiro, será ás 8 da tarde desde a Praza Amada García, diante do Edificio Administartivo da Xunta de Galicia.
Na capa de Chuza

5/26/2009

O Caso "Virgin" de Mugardos

¿Que pasou con todo isto?


O caso "Virgin" marcou un principio do que se podería considerar corrupción no noso Consistorio.
É indiscutible que as reaccións foron moi por baixo das esperadas, tendo en conta que a demanda que interpuxo Esquerda Unida estaba o suficientemente documentada como para que, desde os xulgados de Ferrol, fixésese algo máis que a pantomima de deter aos supostos imputados.

5/25/2009

Rachando os "muros de silencio"

Enxeñeiro Técnico Naval e profesor universitario, Manuel Afonso de Amorim

Ocultada, para a maioría da opinión pública, por un silencio cómplice dos medios de comunicación, celebrou-se unha Xornada Aberta de Formación Cidadá, organizada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, baixo o título: “O que cumpre saber sobre REGANOSA”.
Aínda que voltamos topar cos habituais “muros de silencio” que envolve a loita contra o despropósito gasístico de REGANOSA, o Encontro Cidadán foi todo un suceso. Agora cumpre, a nós, a laboura de divulgación do aprendido, reflexionado e debatido. O acto foi gravado, en vídeo, na súa totalidade, como tamén hai presentacións e documentos elaborados polos relatores e relatoras, polo que non debemos perder moito tempo e poñer nas mans de "profesionais" da comunicación o material para que se elaboren documentarios, webs, blogs, libros, revistas, boletíns, ... para a súa difusión.
O Encontro Cidadán tivo lugar en Ferrol no Campus de Esteiro, en sesións de mañá e tarde. Foi un acto de formación e convivencia, aberto á asistencia e participación da cidadanía en xeral, co fin de coñecer e actualizar aspectos fundamentais sobre o que supón a presencia dunha Planta de Gas no corazón da nosa Ría. [Ler máis]


Colectivo Ártabra 21

ferrolsuso.blogspot.com

5/24/2009

REGANOSA non chega a un terzo da capacidade nominal que ten comprometida

Segundo o último informe de Enagás de Abril 2009, páxina 19, a regasificadora inxectou á rede durante este mes un 35% menos que o mes de abril do ano pasado. A regasificadora traballou en consecuencia a un 29% da súa capacidade e por segundo mes consecutivo. A pesar de ter o monopolio de subministración de gas en Galicia e de pechar a billa do gasoduto do sur (Tui), a planta regasificadora da Ría de Ferrol non é capaz de alcanzar de novo a produción comprometida no proceso de aprobación da Comisión Nacional da Enerxía [CNE].
Nestas circunstancias: Por que a regasificadora da Ría de Ferrol pretende duplicar a súa capacidade de regasificación duplicando ademais tanto o dano á Ría debido ás verteduras inxentes de auga de mar contaminada así como os riscos á poboación? [Ler máis]


Traballo de Susana Narotzky sobre a Planta de Gas

Planta de gas fóra da Ría (Xoán Porto)

Susana Narotzky, Catedrática de Antropoloxia Cultural na Universitat de Barcelona, publica na revista dixital “Rebelión” un interesante traballo sobre a Planta de Gas de Reganosa, co título:
“Planta de gas fora da ría”
Conflictos locales, fronteras institucionales y sujetos políticos en Ferrolterra