Mostrar mensagens com a etiqueta Muros de silencio. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Muros de silencio. Mostrar todas as mensagens

5/25/2009

Rachando os "muros de silencio"

Enxeñeiro Técnico Naval e profesor universitario, Manuel Afonso de Amorim

Ocultada, para a maioría da opinión pública, por un silencio cómplice dos medios de comunicación, celebrou-se unha Xornada Aberta de Formación Cidadá, organizada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, baixo o título: “O que cumpre saber sobre REGANOSA”.
Aínda que voltamos topar cos habituais “muros de silencio” que envolve a loita contra o despropósito gasístico de REGANOSA, o Encontro Cidadán foi todo un suceso. Agora cumpre, a nós, a laboura de divulgación do aprendido, reflexionado e debatido. O acto foi gravado, en vídeo, na súa totalidade, como tamén hai presentacións e documentos elaborados polos relatores e relatoras, polo que non debemos perder moito tempo e poñer nas mans de "profesionais" da comunicación o material para que se elaboren documentarios, webs, blogs, libros, revistas, boletíns, ... para a súa difusión.
O Encontro Cidadán tivo lugar en Ferrol no Campus de Esteiro, en sesións de mañá e tarde. Foi un acto de formación e convivencia, aberto á asistencia e participación da cidadanía en xeral, co fin de coñecer e actualizar aspectos fundamentais sobre o que supón a presencia dunha Planta de Gas no corazón da nosa Ría. [Ler máis]


Colectivo Ártabra 21

ferrolsuso.blogspot.com

12/28/2008

Muros de Silencio. El Caso Reganosa

Muros de silencio: Corrupción y amenaza en la Ría de Ferrol, el caso Reganosa

Hai libros soterrados baixo terra e tamén os hai soterrados polo silencio. Non porque non teñan interese. Ao contrario. Hai moreas de silencio sobre eles, xusto porque son moi interesantes. É o caso do que leva como un agoiro por título Muros de silencio, e por ben claro subtítulo: Corrupción y amenaza en la Ría de Ferrol, el caso Reganosa, do que son autores Carmelo Teixeiro, Enrique Barrera e Manuel Ángel Rodríguez Carballeira, e que está editado pola asociación Fuco Buxán.

Este é un libro que revirita malia o silencio. Que brinca por riba dos balados, das sebes e dos foxos. Velaí está contada polo miúdo toda a historia, a coñecida e a oculta, da gran planta de gas chantada no interior da Ría de Ferrol. Como é posíbel que se permitira o emprazamento de semellante complexo no interior da Ría? Dende a razón medioambiental, é un despropósito que non tería lugar en ningunha parte do mundo civilizado. Eu xuro que nunca me crin que for adiante, ata que espertei e Reganosa estaba alí. Por que esa teimosía en metela no medio do hábitat veciñal ao tempo que se cavaba un xigantesco porto exterior?

Os muros de silencio

Ler gratis Muros de silencio, el caso Reganosa, 1ª parte

Ler gratis Muros de silencio, el caso Reganosa, 2ª parte