Galicia de Mugardos 0-3 GrixoaMáis tarde, foi Maikel o que probou fortuna, pero o porteiro atallou o esférico. Cerca do descanso, un lanzamento de falta foi desviado a córner polo cérbero cando na bancada xa se cantaba o gol. Coa impotencia dos xogadores locais por non anotar, os contendentes retiráronse aos vestiarios.
Aínda por riba de males, nada máis iniciarse a segunda metade, o conxunto mugardés viu como o seu rival púñase por diante no marcador. Foi nunha falta de entendemento entre Jorge e Agustín, o que aproveitou Sergio Leis para empuxar o balón ao fondo da rede.
O Galicia de Mugardos tratou de buscar o empate, pero sufriu outro golpe nunha xogada pola banda que terminou cun centro ao área que David puxo o esférico lonxe do alcance do meta. Ese tanto foi unha laxa para os xogadores da Pedreira e máis cando Gonzalo colocou o 0-3 que, ao cabo, sería definitivo.
Con este resultado, o conxunto de Germán Amil complica a súa situación na clasficación, xa que aínda non sabe o que é gañar no seu campo.
Galicia de Mugardos: Agustín, Rubén, Jorge, Manel, Adrián Martínez (Rouco, min. 75), Juani, Rubén Seco (Rebolo, min. 69), Juan Jesús, Maikel (Diego Seco, min. 80), Óscar Pérez (Puchi, min. 80) e Vituco.
Campo: A Pedreira, ante uns trescentos espectadores.






