Mostrar mensagens com a etiqueta Amada García. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Amada García. Mostrar todas as mensagens

1/27/2016

Homenaxe a Amada García


Xoán Rubia Alejos

27 de xaneiro de 2016. Cúmprese o 78 cabodano do fusilamento, no Castelo de San Felipe, de Amada García (Amadita) no fatídico alborecer daquel 27 de xaneiro de 1938. Xunto a ela foron pasados polas armas sete compañeiros, catro de Mugardos, dous de Ares e un de Cabanas. A Amadita García foi coñecida como “a nosa Mariana Pineda” ( curiosamente morreron á mesma idade) por aquel episodio do bordado dunha bandeira que, no caso de Amadita non foi certo. Estivo confinada na cárcere de mulleres de Ferrol ( hoxe Colexio da Compañía de María), afinais de outubro de 1937 ingresárona no Hospital de Caridade onde dou a luz un neno e dous meses e medio despois ao castelo de San Felipe onde se procedeu a súa execución. A historia de Amadita García e impresionante por como aconteceu. Nela quedou reflectida aquela brutal represión, e nela tamén significadas tódalas vítimas. Amadita foron todos!

5/04/2014

A triste lousa de unha inxusta orfandade


Por Bernardo Maiz [*]
03.05.2014
Gabriel Toimil García naceu no antigo Hospital de Caridad rematando outubro do 1937, paríndoo a súa nai baixo a vixilancia dun garda armado pois estaba sometida á xurisdición militar de guerra. O día 16 de novembro a nai co seu fillo retornou ao cárcere de mulleres, na traseira do convento da Compañía de María, onde, despois de dúas detencións e liberacións anteriores, levaba presa dende o 19 de abril de 1937 baixo a acusación de rebelión militar, exercida, irónica e tristemente, por quen se rebelaran en xullo do 1936 contra o lexítimo goberno republicano. Nun inmisericorde consello de Guerra a mugardesa Amada García, de 28 anos, foi condenada a morte o 3 de decembro do 1937, sendo pasada por las armas no castelo de San Felipe con outros sete compañeiros na mañanciña do día 27 de xaneiro de 1938. Apenas media hora antes o pai de Amadita, unha súa tía e o seu home reembarcaran co neno Gabriel no bote no que se achegaran á rampla do castelo; ao atracar en Mugardos escoitaron os disparos do pelotón de fusilamento.
Gabriel, sen nai e cun pai distante, criouse cos avós maternos en Ferrol Vello, indo ao mar no bote Gabrieliño ou no bote Amadita co seu avó pescador, acompañando a súa avoa vender peixe na praza. Estudou bacharelato, foi mariñeiro, entrou en Bazán, casou, tivo dúas fillas, netas, gañou o respecto de tantos que moito o apreciamos e foi feliz ... Relativamente, pois sempre cargou coa triste lousa da súa tan inxusta orfandade, anguria apenas compensada co orgullo de ser fillo dunha nai asasinada só por «ser mujer y republicana», unha muller que exercera e defendera os seus dereitos cívicos en igualdade.
Este 2 de maio, de mañanciña, recibín un recado de Amada Toimil: «Solo decirte que mi padre ha muerto». Con todo o meu agarimo, vaia esta nota na súa lembranza.
obituario gabriel toimil garcía (1937-2014)
[*Bernardo Máiz Vázquez, Ferrol 1950, profesor, mariñeiro, historiador e activista. Leva toda unha vida, entre moitas outras iniciativas, a recuperar a memoria histórica da "longa noite de pedra" que foi a Ditadura fascista do franquismo: a vida, a represión, a resistencia, ... autor do libro "Galicia na IIª República e baixo o franquismo" - 1988, e doutros moitos estudos, artigos, libros e traballos compartidos.

1/27/2011

Homenaxe a Amada García no castelo de San Felipe



Hoxe 27 de xaneiro ás 17.00 horas

Un ano máis, e respectando escrupulosamente o desexo da familia de celebrar o acto no día do 72 cabodano do seu fusilamento, a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática súmase ao mesmo e fai un chamamento aos veciños e veciñas, asociacións e representantes públicos de Mugardos, Ferrol e bisbarra para acudir ao castelo de San Felipe.

A ofrenda floral e o acto de homenaxe a esta mugardesa, fusilada hai 72 anos, xunto con outros veciños, por orde dos militares sublevados contra o goberno lexítimo da República, converteuse nun acto que o tempo transformou nun símbolo contra a barbarie do fascismo.

memoriahistoricademocratica.org

1/15/2010

O día 27 de xaneiro homeaxe a mugardesa Amada García


O día 27 de xaneiro ás 17:00 horas no castelo de San Felipe farase a habitual entrega froral e homeaxe a mugardesa Amada García, e lembrarase o resto de mulleres represaliadas en Ferrolterra.

Amada García era natural e veciña de Mugardos, estaba casada con Gabriel Toimil Dopico e tiña unha filla. Foi fusilada no Castelo de San Felipe o 27 de Xaneiro de 1938. Esta bastante estendida a idea de que foi fusilada por bordar unha bandeira do Partido Comunista de España, o que é falso. A realidade é que era unha muller politicamente moi activa e boa oradora, unha líder natural, polo que se granjeó as antipatías dos sectores máis conservadores da sociedade mugardesa.
Cando se produce o golpe de estado dos militares, as autoridades locais de Mugardos organizan a resistencia cos escasos medios que estaban á súa disposición. Neses días, Amada García estivo no concello dando ánimos e colaborando na medida das súas posibilidades, como moitos outros veciños.
Coa vitoria dos militares sublevados, estes deteñen e xulgan a un elevado número de veciño/as do concello (causas 42/37 e 379/37). Precisamente, unha das mulleres acusadas era Amada García Rodríguez.
Cando se dita a sentenza de morte contra Amada García, estaba embarazada, polo que retrasouse a execución a espera de que dera a luz ao seu fillo Gabriel Toimil García. O parto foi 0 31 de outubro de 1937 e tres meses despois foi fusilada xunto con Ángel Roldós Gelpi, un profesor do colexio público “O Pitieiro” e outros seis compañeiros.
Amada García non cometeu ningún delito de sangue nin participou actividades destrutivas. A véspera de ser fusilada, Amada García deixou escrita unha carta onde explicaba detalladamente as circunstancias da súa desgraza e a identidade das persoas que lle acusaron. O seu proceso está cheo de irregularidades e advírtese o afán vengativo e de despeito de certas persoas. Baste sinalar que as dúas testemuñas principais da acusación que afirmaron ouvir a Amada García tentar influír no alcalde republicano para que asasinase as persoas de dereitas que estaban detidas no concello, declararon estar fuxidos fose do pobo todos eses días. Como puideron ouvir esas supostas conversacións?, Como o Tribunal as considerou verídicas e válidas?
Un dos acusadores, visitou a Amada García e quixo retirar as súas acusacións explicando as circunstancias polas que as fixo, pero foi ameazado. Dous veciños de Mugardos que eran analfabetos, protestaron ao decatarse que se lles fixo asinar unha declaración que non recollía o que depuxera no interrogatorio. A pesar de declarar que o contido do escrito non era o que se lles leu, non se tivo en conta.
Amada García non cometeu ningún delito de sangue nin participou actividades destrutivas. A véspera de ser fusilada, Amada García deixou escrita unha carta onde explicaba detalladamente as circunstancias da súa desgraza e a identidade das persoas que lle acusaron. O seu proceso está cheo de irregularidades e advírtese o afán vengativo e de despeito de certas persoas. Baste sinalar que as dúas testemuñas principais da acusación que afirmaron ouvir a Amada García tentar influír no alcalde republicano para que asasinase as persoas de dereitas que estaban detidas no concello, declararon estar fuxidos fose do pobo todos eses días. Como puideron ouvir esas supostas conversacións?, Como o Tribunal as considerou verídicas e válidas?
Un dos acusadores, visitou a Amada García e quixo retirar as súas acusacións explicando as circunstancias polas que as fixo, pero foi ameazado. Dous veciños de Mugardos que eran analfabetos, protestaron ao decatarse que se lles fixo asinar unha declaración que non recollía o que depuxera no interrogatorio. A pesar de declarar que o contido do escrito non era o que se lles leu, non se tivo en conta.

En dous días xulgáronse a 45 persoas de Ares e Mugardos e ditáronse 37 penas de morte.


Memoria Histórica Democrática

Homenaxe a Amada García 2009

1/28/2009

Emotiva homenaxe a Amada García

Gabriel Toimil fillo de Amada García, fusilada aos tres meses de nacer leste

Celebrado onte no castelo de San Felipe, no lugar onde os fusís fascistas fusilárona xunto con outros sete veciños da comarca: Juan José Teijeiro Leira, José María Montero Martínez, Anxo Rodas Gelpi, Antonio Eitor Caniña, Ramón Rodríguez López, Jaime González Pérez e Germán López García.

memoriahistoricademocratica

Diario de Ferrol

1/23/2009

Homenaxe a Amada García en San Felipe

Amada García Rodríguez
Fai moitos, moitos anos, nunha vila galega chamada Mugardos, unha nova nai tiña por costume ler diariamente a prensa. Como era moi pobre pedíaa prestada a algún dos traballadores que diariamente tomaban a lancha para trasladarse a traballar á Bazán, Pero hete aquí, que uns homes terribles e uniformados fixéronse á forza co goberno legitimamente instituido e como sabían que os seus inimigos estaban no pobo intelixente, comezaron as represalias contra el.
Así a pobre e nova nai embarazada de varios meses fué encarcerada nun tenebroso Castelo á beira do mar, Alí esperaron a que dese a luz ao seu fillo e a continuación fusilárona. Como acusación? Haber bordado unha bandeira representativa do anterior goberno ( lexítimo) ¡Pobre muller! Se nin sequera sabía coser. O seu delito? Ler a prensa diariamente, tratar de informarse. Isto sucedeu en Mugardos no ano 1936 do século pasado.
A nova nai chamábase Amada García Rodríguez, e o seu nome está pendente de ser rehabilitado polas persoas de ben, Apúntasche?".
Homenaxe a Amada García