1/23/2009

Homenaxe a Amada García en San Felipe

Amada García Rodríguez
Fai moitos, moitos anos, nunha vila galega chamada Mugardos, unha nova nai tiña por costume ler diariamente a prensa. Como era moi pobre pedíaa prestada a algún dos traballadores que diariamente tomaban a lancha para trasladarse a traballar á Bazán, Pero hete aquí, que uns homes terribles e uniformados fixéronse á forza co goberno legitimamente instituido e como sabían que os seus inimigos estaban no pobo intelixente, comezaron as represalias contra el.
Así a pobre e nova nai embarazada de varios meses fué encarcerada nun tenebroso Castelo á beira do mar, Alí esperaron a que dese a luz ao seu fillo e a continuación fusilárona. Como acusación? Haber bordado unha bandeira representativa do anterior goberno ( lexítimo) ¡Pobre muller! Se nin sequera sabía coser. O seu delito? Ler a prensa diariamente, tratar de informarse. Isto sucedeu en Mugardos no ano 1936 do século pasado.
A nova nai chamábase Amada García Rodríguez, e o seu nome está pendente de ser rehabilitado polas persoas de ben, Apúntasche?".
Homenaxe a Amada García

1 comentário:

Susete70 disse...

En dous días xulgáronse a 45 persoas de Ares e Mugardos e ditáronse 37 penas de morte.

A véspera de ser fusilada, Amada García deixou escrita unha carta onde explicaba detalladamente as circunstancias da súa desgraza e a identidade das persoas que lle acusaron. O seu proceso está cheo de irregularidades e advírtese o afán vengativo e de despeito de certas persoas. Baste sinalar que as dúas testemuñas principais da acusación que afirmaron ouvir a Amada García tentar influír no alcalde republicano para que asasinase as persoas de dereitas que estaban detidas no concello, declararon estar fuxidos fose do pobo todos eses días. Como puideron ouvir esas supostas conversacións?, Como o Tribunal as considerou verídicas e válidas?