Mostrar mensagens com a etiqueta Homenaxe. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Homenaxe. Mostrar todas as mensagens

1/27/2016

Homenaxe a Amada García


Xoán Rubia Alejos

27 de xaneiro de 2016. Cúmprese o 78 cabodano do fusilamento, no Castelo de San Felipe, de Amada García (Amadita) no fatídico alborecer daquel 27 de xaneiro de 1938. Xunto a ela foron pasados polas armas sete compañeiros, catro de Mugardos, dous de Ares e un de Cabanas. A Amadita García foi coñecida como “a nosa Mariana Pineda” ( curiosamente morreron á mesma idade) por aquel episodio do bordado dunha bandeira que, no caso de Amadita non foi certo. Estivo confinada na cárcere de mulleres de Ferrol ( hoxe Colexio da Compañía de María), afinais de outubro de 1937 ingresárona no Hospital de Caridade onde dou a luz un neno e dous meses e medio despois ao castelo de San Felipe onde se procedeu a súa execución. A historia de Amadita García e impresionante por como aconteceu. Nela quedou reflectida aquela brutal represión, e nela tamén significadas tódalas vítimas. Amadita foron todos!

12/29/2015

Homenaxe a Francisco Martínez Leira “Pancho”


O Colectivo Terra organiza unha homenaxe a Francisco Martínez Leira “Pancho”, heroe eumés da resistencia antifascista, que vai ter lugar o vindeiro xoves 31 de decembro ás 12:00 no cemiterio de Meá, Mugardos.
Francisco Martínez Leira “Pancho” naceu na parroquia de Ombre, Pontedeume, en 1916, e foi asasinado na mesma parroquia o día 31 de decembro de 1954. Cando Rey Balbís se exilia a Francia, Pancho convértese no máximo dirixente da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galiza. Despois da caída de Foucellas en 1952, Martínez Leira pasa a ser o último guerrilleiro activo en Galiza. Polas súas características e pola súa firmeza democrática, Pancho atinxiu a categoría de mito. O compromiso de máis de 600 guerrilleiros e de 5000 enlaces demostra que Galiza non era unha terra submisa nin adicta ao Réxime. A pesar de tentaren ocultar o mellor da nosa historia, non o conseguen.
Rematada a guerra, Pancho entrou como carpinteiro de grada na Construtora Naval de Ferrol. Participou na organización da primeira protesta obreira de Galiza despois do golpe de estado de 1936, que será coñecida como a Folga do Aceite. Incorporouse á guerrilla a comezos do 1948 por temor á onda de detencións masivas consecuencia do labor dun infiltrado policial nas redes clandestinas de Ferrolterra. Con el marcharon os mugardeses Juan Gallego Abeledo “O Buzo” e Manuel Bastida Franco “Choni”.
Pancho participou en toda canta acción desenvolveu a IVª Agrupación Pasionaria e o Partido Comunista: elaboración e distribución de propaganda, enfrontamentos armados nos que morreron dous falanxistas e tres gardas, caracterizados represores. Optando o PC pola anulación da guerrilla galega, en 1950 e 1951 Pancho rexeitou marchar a Francia e mantivo o seu activismo antifranquista: reparto de propaganda en abril, maio e outubro de 1952, 1953, 1954, asaltos a dereitistas, enfrontamentos armados nos que morreu un garda e outros dous ficaron feridos.
Nese tempo, sendo Pancho o último guerrilleiro activo, a presión policial sobre a pequena rede de enlaces que o axudaban era enorme, de xeito que entre 1953 e 1954 foron descubrindo os tobos nos que se agachaba. Foi ferido de gravidade na noite do 19 de outubro do 1954 en Cornido, A Faísca, Narón. Dous gardas civís disfrazados como xornaleiros estiveron a esperar por el e o 31 de decembro de 1954 dúas descargas de subfusil deron cabo á súa vida no lugar d’A Mediña, Ombre, Pontedeume.

2/03/2015

Homenaxe a Victoria Fernández e Carmelo Teixeiro




O vindeiro xoves cúmprese o VII Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Con este motivo, o CCE convoca, a toda a cidadanía, a celebrar un acto na súa lembranza e na da súa compañeira Victoria Fernández Paredes (falecida o 8 de novembro do 2013).

O Acto, que consistirá nunha ofrenda floral e intervencións poético musicais, terá lugar o

sábado, 7 de Febreiro, ás 12 hs,
no Parque Carmelo Teixeiro
Caranza – Ferrol.

Carmelo e Victoria serán sempre, para todas e todos nos, un exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais.
Ben coñecida é a súa militancia política, sindical e social de sempre, e sobre todo a loita mantida nos últimos anos en defensa da Ría e da vida, contra a ameaza permanente da Planta de Gas de Reganosa.










2/02/2012

O verás cos nosos ollos


Cúmprese o IV Aniversario do falecemento do noso compañeiro Carmelo Teixeiro, primeiro Coordinador do "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", Antes de falecer deixou dito: "Verei como pechan Reganosa, non o verei cos meus ollos, pero o verei cos vosos".


E na loita seguimos Carmelo, con altibaixos, pero sen desfalecer nin un só día. Cada gaseiro que entra na nosa preciosa ría con destino á ilegal e perigosa planta de gas de Reganosa, ten a súa correspondente réplica cidadá.

O domingo, día 5, ás 12 do mediodía, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convida a toda a cidadanía a participar nunha ofrenda floral na súa memoria, que terá lugar no Parque Carmelo Teixeiro, Caranza - Ferrol

Parque onde unha placa ao pé de tres castiñeiros lembra sua memoria, ollando ao fondo pódese verse a ría na que foron esparexidas as súas cinzas, a poucos metros da ILEGAL REGANOSA, dende onde é observada cada día por Carmelo.

Carmelo: Un compromiso cos demáis.


Comité Cidadán de Emerxencia

ferrolsuso.blogspot

2/05/2011

Lembrando a Carmelo Teixeiro

Este Sábado 5 de Febreiro de 2011, tivo lugar na ribeira de Caranza, unha emotiva homenaxe a Carmelo Teixeiro Menéndez, no mesmo parque que leva o seu nome. Tres carballos e unha pequena placa chantada no chan lembran a figura e obra de Carmelo, un home bon e loitador. Toda unha vida na procura do ben común, da xustiza, na loita por un mundo mellor. Carmelo Teixeiro dedicou, a última década da súa vida, grandes esforzos contra a aldraxe, a corrupción e o perigo que representa a planta de gas de Reganosa, colocada no corazón da nosa Ría, por irresponsábeis, cobizosos e corruptos. Carmelo Teixeiro é un dos principais impulsores do movimento social que se constituíu ao redor da loita contra a ilegal e perigosa planta regasificadora de Mugardos.

Un sinxelo e emotivo acto, tivo lugar esta mañá en Caranza, palabras de agradecemento, flores, música, lembranzas e poesía, ... Grazas Carmelo, ... ten por seguro que o verás cos nosos ollos.


[Máis info]

2/01/2011

Homenaxe a Carmelo Teixeiro



O vindeiro sábado 5 de frebreiro 2011 as 12 hs, celebrarase un acto en lembranza de CARMELO TEIXEIRO no parque que leva o seu nome, en Caranza. Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia no terceiro aniversario do seu pasamento, homenaxearemos cunha ofrenda floral, música e poesía, a quen foi querido compañeiro e primeiro Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia.

Comité Cidadán de Emerxencia


P.D. Falece Roberto Tojeiro, promotor da planta de gas de Reganosa en Mugardos e do grupo Forestal do Atlántico.

1/27/2011

Homenaxe a Amada García no castelo de San Felipe



Hoxe 27 de xaneiro ás 17.00 horas

Un ano máis, e respectando escrupulosamente o desexo da familia de celebrar o acto no día do 72 cabodano do seu fusilamento, a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática súmase ao mesmo e fai un chamamento aos veciños e veciñas, asociacións e representantes públicos de Mugardos, Ferrol e bisbarra para acudir ao castelo de San Felipe.

A ofrenda floral e o acto de homenaxe a esta mugardesa, fusilada hai 72 anos, xunto con outros veciños, por orde dos militares sublevados contra o goberno lexítimo da República, converteuse nun acto que o tempo transformou nun símbolo contra a barbarie do fascismo.

memoriahistoricademocratica.org

5/26/2010

Homenaxe de CCOO a Xosé Manuel Iglesias

Portada do libro
Organizado polo Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, presentación do libro homenaxe a José Manuel Iglesias


Mañá, 27 de maio, ás 19:30 horas, preséntase na Fundación Caixa Galicia de Ferrol (Praza da Constitución, s/n) o libro homenaxe a Xosé Manuel Iglesias, editado pola Fundación 10 de Marzo de Comisións Obreiras.

Perfil biográfico

Xosé Manuel Iglesias (1944-2008) naceu en Mugardos, no Penedo, no seo dunha familia pronto marcada pola represión. Cando tiña cinco anos, o seu pai, militante comunista, foi asasinado polas forzas da orde franquista, en represalia por un feito no que non participara. O famoso guerrilleiro Pancho era tío materno de Iglesias e estivo, en non poucas ocasións, agachado na súa casa polo que a ditadura someteu a familia a un acoso permanente. Con poucos anos, viu como a súa nai e os seus irmáns maiores, Arturo e Pilar, eran encarcerados.

En 1959 ingresou como aprendiz en Bazán. Na escola obreira aprendeu ensinanzas profesionais; tivo tamén mestres na loita antifranquista, como o seu paisano Paco Filgueiras —sobre o que moitos anos despois escribiu o libro A autoridade na palabra. Biografía do comunista Paco Filgueiras, 1920-1976—, e outros moitos.

Prestou servizo militar na Armada entre marzo de 1964 e marzo de 1966. Ao regresar ao seu posto de traballo, comezou a militar nas ringleiras do Partido Comunista e das clandestinas Comisións Obreiras, ao lado doutras moitas persoas que configuraron unha nova militancia obreira antifranquista.

En 1968 sufriu a primeira detención —non sería a única— e un proceso no Tribunal de Orde Pública. Viviu en primeira persoa os acontecementos do 10 de Marzo de 1972, o que o levou á prisión da Coruña. Pagou cara a militancia, con represión laboral, detencións, multas gobernativas, procesos, cárcere…

Iglesias Martínez cumpriu a condena do TOP en varias cadeas: na da Coruña, na de Xaén e na de Palencia. Nesta última cidade ingresou xa en terceiro grao, o que lle permitía saír traballar durante a semana. Coa liberación definitiva, regresou a Mugardos. Non foi readmitido en Bazán, polo que tivo que procurar traballo noutras empresas. Ao tempo, dentro da estratexia das clandestinas Comisións Obreiras e do Partido Comunista, participou nas estruturas do Sindicato Vertical para, desde dentro, subverter o sistema. Como explicaba graficamente o líder obreiro de Bazán Francisco Fernández Filgueiras, había que entrar no Sindicato Vertical e darlle a volta coma a un calcetín para zurcilo.

Xa morto Franco, reingresou en Bazán. Dedicou a súa actividade como liberado á construción do sindicato Comisións Obreiras en Ferrol, en toda Galicia e en España, o que alternaba coa militancia no Partido Comunista de Galicia. Membro da primeira Comisión Executiva do Sindicato Nacional, foi tamén o primeiro secretario xeral da Federación do Metal, responsabilidade que ocupou ata 1991. Xubilado dous anos máis tarde, desde entón alternou o tempo entre a colaboración co seu sindicato, a actividade municipal en Esquerda Unida de Mugardos e a familia. Morreu o 1 de outubro de 2008.

O libro

O libro non é un ensaio biográfico, porque non é o estudo histórico dun personaxe. Trátase de facer pública a memoria de Xosé Manuel Iglesias. O relato do pasado modifícase co tempo grazas ás novas experiencias ou a informacións recibidas.

Este traballo recolle a palabra de Xosé Manuel Iglesias a partir de varias entrevistas realizadas dentro do programa de recollida de testemuños orais de xentes relacionadas con mundo obreiro de Ferrol, programa da Unión Comarcal de CCOO e da Fundación 10 de Marzo.

Nestas páxinas, a palabra de Iglesias foi minimamente tratada para axilizar a lectura do texto. Engadíronse, porén, algunhas notas para lle facilitar ao lector de hoxe unhas coordenadas históricas, necesarias para entender o discurso do protagonista.

O volume recolle ademais unha ampla documentación textual e gráfica. Parte do material reproducido procede do Arquivo Militar de Ferrol, outra parte dos materiais procede do arquivo de Xosé Manuel Iglesias —depositado na Fundación 10 de Marzo, cedido pola familia—, especialmente as fotografías.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2010

4/07/2010

Moción presentada no concello de Mugardos

A Asociación Memoria Histórica Democrática, presentou ao Concello de Mugardos unha moción para o seu debate e aprobación se procede

É de xustiza que, pasados 33 anos desde a restauración democrática, téñase unha merecida homenaxe e recoñecemento público para todos aqueles veciños e veciñas que morreron ou sufriron represión en defensa da legalidade republicana que en 1936 representaba o sistema democrático.


memoriahistoricademocratica

2/06/2010

Lembrando a Carmelo Teixeiro


Máis fotos da Lembranza


No parque que leva o seu Nome, o pé dos tres carballos plantados na súa memoria, lembramos a Carmelo, a súa labor ao fronte deste Comité Cidadán e a súa semente de loita e compromiso contra o maior perigo a que se enfronta a nosa comarca, a Planta de Gas ubicada no interior da Ría de Ferrol.
Foi un acto sinxelo, coa intervención de membros do Comité,música de Estrella o seu violín e do grupo A Revolta.
Fixosese unha ofrenda floral na Ría de Ferrol,onde se esparciron as suas cinzasé na sua placa conmemorativa

Carmelo Teixeiro, Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol, dedicou os dez últimos anos da súa vida a dirixir con eficacia, enerxía e constancia todas as actividades desenvolvidas en contra da ubicación da Planta de Gas, da defensa medioambiental da Ría e da vida dos seus habitantes.

Ademais, Carmelo Teixeiro desempeñou un importante papel na Transición política do noso país. Procedente das JOC, participou activamente no movemento sindical de Bazán dos anos sesenta ( foi xurado nas eleccións de 1963) e na reconstrución do movemento socialista na comarca, pois foi fundador da USO, posteriormente dirixente da UXT e formou parte da dirección do PS de G-PSOE, desde 1978.
Fundador e primeiro presidente da Asociación Cultural Fuco Buxán e da Revista Razón Socialista, o seu traballo sempre intenso, desinteresado e discreto, ao longo de toda a súa vida, polas causas sindicais, políticas e sociais, fai que nós - os seus compañeiros de tantos anos - sintámosnos enormemente orgullosos e agradecidos de compartir con el amizade, inquedanzas e tarefas.



ferrolsuso.blogspot.com

Carmelo: ¡A loita continúa!

Recordando a Carmelo (de José Torregrosa)

Colectivo Ártabra 21

2/04/2010

Homenaxe a Carmelo Teixeiro no II Aniversario do seu pasamento

Tres carballos para Carmelo

Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol Sábado, 6 de febreiro 2009, ás 12 h en Caranza (Parque Carmelo Teixeiro) celebrarase unha homenaxe a quen foi o seu primeiro Coordinador. Carmelo Teixeiro Menéndez ao celebrarse o segundo aniversario do seu pasamento.

Alí, no parque que leva o seu Nome, ao pé dos tres carballos plantados na súa memoria, lembraremos a Carmelo, a súa labor ao fronte deste Comité Cidadán e a súa semente de loita e compromiso contra o maior perigo a que se enfronta a nosa comarca, a Planta de Gas ubicada no interior da Ría de Ferrol.

Será un acto sinxelo, coa intervención de membros do Comité e a música de Estrella e o su violín e do grupo A Revolta.

Farase unha ofrenda floral na que tod@s estamos convidados.

Carmelo Teixeiro, Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol, dedicou os dez últimos anos da súa vida a dirixir con eficacia, enerxía e constancia todas as actividades desenvolvidas en contra da ubicación da Planta de Gas, da defensa medioambiental da Ría e da vida dos seus habitantes.
Ademais, Carmelo Teixeiro desempeñou un importante papel na Transición política do noso país. Procedente das JOC, participou activamente no movemento sindical de Bazán dos anos sesenta ( foi xurado nas eleccións de 1963) e na reconstrución do movemento socialista na comarca, pois foi fundador da USO, posteriormente dirixente da UXT e formou parte da dirección do PS de G-PSOE, desde 1978.
Fundador e primeiro presidente da Asociación Cultural Fuco Buxán e da Revista “Razón Socialista”, o seu traballo sempre intenso, desinteresado e discreto, ao longo de toda a súa vida, polas causas sindicais, políticas e sociais, é un exemplo de entrega e compromiso para as compañeiras e compañeiros que se esforzan cada día por acadar un mundo máis xusto e solidario.


Comité Cidadán de Emerxencia

Chuza

1/15/2010

O día 27 de xaneiro homeaxe a mugardesa Amada García


O día 27 de xaneiro ás 17:00 horas no castelo de San Felipe farase a habitual entrega froral e homeaxe a mugardesa Amada García, e lembrarase o resto de mulleres represaliadas en Ferrolterra.

Amada García era natural e veciña de Mugardos, estaba casada con Gabriel Toimil Dopico e tiña unha filla. Foi fusilada no Castelo de San Felipe o 27 de Xaneiro de 1938. Esta bastante estendida a idea de que foi fusilada por bordar unha bandeira do Partido Comunista de España, o que é falso. A realidade é que era unha muller politicamente moi activa e boa oradora, unha líder natural, polo que se granjeó as antipatías dos sectores máis conservadores da sociedade mugardesa.
Cando se produce o golpe de estado dos militares, as autoridades locais de Mugardos organizan a resistencia cos escasos medios que estaban á súa disposición. Neses días, Amada García estivo no concello dando ánimos e colaborando na medida das súas posibilidades, como moitos outros veciños.
Coa vitoria dos militares sublevados, estes deteñen e xulgan a un elevado número de veciño/as do concello (causas 42/37 e 379/37). Precisamente, unha das mulleres acusadas era Amada García Rodríguez.
Cando se dita a sentenza de morte contra Amada García, estaba embarazada, polo que retrasouse a execución a espera de que dera a luz ao seu fillo Gabriel Toimil García. O parto foi 0 31 de outubro de 1937 e tres meses despois foi fusilada xunto con Ángel Roldós Gelpi, un profesor do colexio público “O Pitieiro” e outros seis compañeiros.
Amada García non cometeu ningún delito de sangue nin participou actividades destrutivas. A véspera de ser fusilada, Amada García deixou escrita unha carta onde explicaba detalladamente as circunstancias da súa desgraza e a identidade das persoas que lle acusaron. O seu proceso está cheo de irregularidades e advírtese o afán vengativo e de despeito de certas persoas. Baste sinalar que as dúas testemuñas principais da acusación que afirmaron ouvir a Amada García tentar influír no alcalde republicano para que asasinase as persoas de dereitas que estaban detidas no concello, declararon estar fuxidos fose do pobo todos eses días. Como puideron ouvir esas supostas conversacións?, Como o Tribunal as considerou verídicas e válidas?
Un dos acusadores, visitou a Amada García e quixo retirar as súas acusacións explicando as circunstancias polas que as fixo, pero foi ameazado. Dous veciños de Mugardos que eran analfabetos, protestaron ao decatarse que se lles fixo asinar unha declaración que non recollía o que depuxera no interrogatorio. A pesar de declarar que o contido do escrito non era o que se lles leu, non se tivo en conta.
Amada García non cometeu ningún delito de sangue nin participou actividades destrutivas. A véspera de ser fusilada, Amada García deixou escrita unha carta onde explicaba detalladamente as circunstancias da súa desgraza e a identidade das persoas que lle acusaron. O seu proceso está cheo de irregularidades e advírtese o afán vengativo e de despeito de certas persoas. Baste sinalar que as dúas testemuñas principais da acusación que afirmaron ouvir a Amada García tentar influír no alcalde republicano para que asasinase as persoas de dereitas que estaban detidas no concello, declararon estar fuxidos fose do pobo todos eses días. Como puideron ouvir esas supostas conversacións?, Como o Tribunal as considerou verídicas e válidas?
Un dos acusadores, visitou a Amada García e quixo retirar as súas acusacións explicando as circunstancias polas que as fixo, pero foi ameazado. Dous veciños de Mugardos que eran analfabetos, protestaron ao decatarse que se lles fixo asinar unha declaración que non recollía o que depuxera no interrogatorio. A pesar de declarar que o contido do escrito non era o que se lles leu, non se tivo en conta.

En dous días xulgáronse a 45 persoas de Ares e Mugardos e ditáronse 37 penas de morte.


Memoria Histórica Democrática

Homenaxe a Amada García 2009

5/03/2009

O fillo do guerrilleiro


Manuel Alberto Martínez Romero , fillo do guerrilleiro Francisco Martínez Leira "Pancho" abatido pola Garda Civil en Ombre, Pontedeume, o día de fin de ano de 1954, acudiu esta semana por primeira vez -ten 62 anos- ao lugar onde lle tenderon a emboscada e mataron. Alí recordou o que lle oíu contar á súa nai, que Pancho buscou a morte, cansado de fuxir. "Si, porque en lugar de meterse entre unhas árbores e escapar como fixo moitas veces, tirouse a correr a campo aberto; estaba collo dun balazo que lle deron meses atrás". A vida do soado guerrilleiro, ao que antonte ás seis da tarde rendéuselle homenaxe no cemiterio parroquial de Meá, onde repousan os seus restos, é ben coñecida, pero non así a traxedia vivida polos seus fillos.

Manuel tiña 7 anos, unha irmá maior, Mari Carmen , e un pequeno que herdou o mesmo nome que o seu pai, Pancho. "Á miña nai mandárona desterrada a Valladolid, á miña irmá ao País Vasco, e a nós dous a un hospicio que estaba no Pazo de Mariñán, recordo todo perfectamente". O cura de Mugardos levounos nunha moto, aos dous nenos, dicíndolles que os levaba a un sitio moi bonito: "¿Bonito?, estabamos máis de cen nenos, algúns inválidos e dábannos leña a todos".

Gervasia era a monxa que mandaba. "Espertábanos ás cinco ou seis da mañá para rezar, por calquera cousa púñanos de xeonllos a todos no patio durante horas; ela sentada diante calcetando, e se un movíase lle arreaba unha vareada: eu quedei traumatizado, si, tempo despois deime conta que o meu carácter vén daqueles anos". Manuel emociónase cando fala da súa irmá Mari Carmen porque legalmente terían que estar no hospicio ata cumprir os 16 anos, pero ela -"non se como o fixo, de verdade"- logrou volver do País Vasco, con pouco máis de 16 anos, e mover Roma con Santiago para que só algo máis dun ano logo de entrar en Mariñán deixásenos saír ao seu cargo. Antes, conseguiu en varias ocasións que a Manuel e Pancho désenlles permiso para saír un día do orfanato e os tres irmáns poder visitar á súa nai no cárcere da Coruña. "Era unha festa de verdade para nós porque comiamos con ela un arroz que lles facían no penal os días do patrón de prisións, un arroz que hoxe sería incomible, pero comparado co que nos daban en Mariñán era a gloria". Mari Carmen faleceu logo, coa vida dos tres xa normalizada, con só 41 anos. Manuel aguanta as bágoas ao contalo.

Mariñán era un orfanato que pouco se diferenciaba, naqueles anos, ao que aparece na película O Orfanato , de Juan Antonio Bayona. "Lavábannos a todos na mesma auga, e metíannos a cabeza baixo a auga sucia realmente non sei para que".

O exilio que non chegou

Manuel Alberto creceu coa súa irmá. Aos 18 anos foise de soldador a Alemaña e logo percorreu medio mundo como traballador de montaxe de plataformas petrolíferas. O seu pai "Pancho" fora carpinteiro de bancadas de Bazán, comunista clandestino ata 1948 en que, ao ser descuberto, botouse ao monte. Os historiadores sosteñen agora que foi dos que se negaron a fuxir ao exilio, cando o Partido Comunista decidiu deixar a loita armada, nos primeiros 50 do pasado século, replegar a todos os guerrilleiros a Francia.

Non só el sufriu a represión: Florentino Iglesias, cuñado de "Pancho", asasinado en Ferrol. Outro cuñado, Juan Romero Rilo, 20 anos preso en Burgos. A súa sogra, encarcerada na Coruña.

Antonte recordóuselles a todos eles no cemiterio de Meá, coincidindo coa festa do 1º de Maio.
A Voz de Galicia

4/26/2009

Francisco Martínez Leira, Pancho: a historia dunha fuxida sen retorno

Dúas imaxes de Pancho, sinalado cun circulo e vestido de lexionario, xunto a dous compañeiros

Lupe Martínez
Cátedra: revista eumesa de estudios, ISSN 1133-9608, Nº. 15, 2008, pags. 7-18

"Tendo en conta a situación nacional e internacional, 'botarse ao monte' á altura do ano 1948 pode parecer unha decisión suicida e, sen dúbida, éo. No interior, o réxime franquista facíase recoñecer a pistoletazo limpo e, no exterior, as potencias democráticas lexitimábano coa súa inacción e con actuacións tan desalentadoras como a nota do mes de abril de 1946. Nela, os ministros de Asuntos Exteriores de Estados Unidos, Francia e Gran Bretaña, instaban ao pobo español a ser el mesmo, sen inxerencia externa, o que restablecera un goberno democrático se así o desexaba. Devolvían deste xeito a pelota ao tellado dos opositores ao fascismo, confiados en que a vitoria aliada na II Guerra Mundial levaría a intervención destes e a inevitábel caída do réxime do xeneral Franco. Este, contando xa coa tranquilidade que a non intervención internacional lle proporcionaba, dispoñía de total liberdade para poñer en funcionamento toda a maquinaria represiva ao seu servizo e nas súas múltiples variantes, co fin de cortar calquera intento de atacar a 'nova España'.

Polo tanto, ante un panorama tan negro no que parece difícil imaxinar que un pobo aterrorizado tras unha guerra devastadora e unha posguerra non menos traumática, famento e afogado no pozo da miseria, poida rebelarse con éxito, 'botarse ao monte' en 1948 so pode ter unha triste lectura: a de fuxir dunha morte segura ou, cando menos, dunha situación de acoso e persecución difícilmente soportábel.
Cando Francisco Martínez Leira Pancho foxe ao monte o 22 de xaneiro de 1948, tras descubrirse a súa participación na folga do aceite e o azúcre que se desencadena en Bazán no ano 1946, faino para iniciar a derradeira viaxe da súa vida; prolongarase durante case sete anos e estará salpicada de múltiples accións que o converterán nun dos guerrilleiros máis sobranceiros das terras do Eume.
Pancho, militante do PCE, foxe ao monte nun momento especialmente critico para o discorrer da loita armada. A principios de 1948, a guerrilla sofre un acoso permanente por parte dunhas forzas represivas que van encadeando triunfos na particular guerra que manteñen cos homes do monte e que, nos meses posteriores, culminará coa detención dos líderes comunistas José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez, os homes que levaron a guerrilla ao seu maior desenvolvemento e grao de combatividade. Os febles intentos do PCE por reconducir aos homes do monte serán estériles. Os novos dirixentes, José Sevil ou Coronel Benito, pouco poderán facer xa para endereitar a agónica situación.

As sucesivas caídas de guerrilleiros, puntos de apoio e enlaces multiplicaranse nos meses posteriores, e Pancho será testemuña directa do triste final dos seus compañeiros e do abandono ao que teñen que facer fronte os poucos que aínda resisten a ofensiva final das forzas represivas. Nese mesmo ano 1948 o Partido Comunista decide poñer o punto e final á súa tutela sobre a guerrilla e. aínda que esta tarda uns anos en verificarse por completo, o certo e que os homes do monte vivirán no maior desamparo as últimas sacudidas da loita armada. Aínda así. Pancho protagonizará un bo número de accións contra os paladins do réxime, ben como un guerrilleiro máis do Destacamento Arturo Cortizas ou ben como xefe da IV Agrupación do Exercito Guerrilleiro de Galicia, nomeamento que lle sobreven tras a marcha de Francisco Rey Balbis Moncho a Francia en 1950.
Dúas datas de vital importancia á hora de intentar trazar a rota que Pancho segue dende que foxe ao monte até que é abatido pola Garda Civil, son as referentes ao seu bautizo de fogo e ao momento da súa caída, Paradoxos da vida. e como nun intento de pechar o circulo, as dúas datas coinciden co comezo e a fin de 1949 e 1954 respectivamente.
A primeira data para o recordo é o 1 de xaneiro de 1949, case un ano despois de verificarse a súa fuxida: e a segunda data de especial interese é o 31 de decembro de 1954. día no que, co seu asasinato. se pon o punto e final á súa aventura revolucionaria. O obxectivo deste traballo non é outro que o de rememorar o particular viacrucis do noso home: o de recapitular as súas accións como fuxido, acompañado nun primeiro momento e so nos derradeiros intres da aventura, sen máis miras que as de custodialo na súa última viaxe.
Pouco podía presaxiar o grupo de veciños de Mugardos que celebraba a chegada do novo ano 49 no bar El Mugardés, que a festa se truncaría as 2:30 horas da mañanciña, cando tres guerrilleiros, Pancho, Riqueche e probabelmente Antonio Castro López Tocho, fixeron acto de presenza. Cominaron aos presentes a erguer os brazos, momento no que o veciño Juan Rey Mauriz. imbuído polo ambiente festivo e crendo que se trataba dunha broma, se dirixiu a Pancho, o guerrilleiro que levaba o peso da operación, dicíndolle: "tírame a min covarde". Pancho empurrouno, obviouno, disparoulle aos pos e dirixiuse ao seu obxectivo: Manuel Vázquez Fariña, ex alcalde franquista, delegado gobernativo e empregado como xefe administrativo de Bazán. A sorte aliouse con este, pois cando o guerrilleiro se dispoñía a dispararlle, de socato, a pistola atrancóuselle. Fariña, ante a dualidade de fuxir ou morrer, opta pola primeira e lánzase a carreira cara ao patio na compaña de Juan Rabina Cañizo, José Rojo Toimil e Arsenio Muñiz. Fernandez, Fariña, Cañizo e Toimil conseguen burlar os disparos que realiza Pancho; non así Arsenio Muñiz, que queda tendido na escaleira de caracol, morto. ...

Tras este incidente decrétase a detención de significados 'marxistas' que puidesen estar relacionados co intento de asasinato de Fariña e o asasinato de Muñiz. Trátase de Francisco Loureda Silvar Pellejo, José Fuentes Justo Pitón, Antonio Martínez Ferro Malayo, Román Ferrer Fernández Antopas, Juan Carnero Casal, Manuel Pérez Prados Porga, Manuel Bello Cartelle Xilguero e Florentino Iglesias Várela Floro, este último casado con Antonia Martínez Leira, irmá de Pancho. O 3 de xaneiro, catro deles, Francisco Loureda, José Fuentes, Florentino Iglesias e Antonio Martínez, son conducidos ao Val (Narón) co fin de que sinalen os puntos de apoio dos guerrilleiros nesa zona. Nas inmediacións do camiño de Mandiá, no punto de Catabois, o atestado policial fai constar que os catro homes intentaron fuxir amparándose na escuridade e na maleza existente. Tras desoír as voces de "alto" do sarxento Eduardo García Muñoz e, ante a posibilidade de perdelos de vista, a 'forza' abriu fogo causándolles a morte.... [Ler máis]
Grazas ao comentario de AngeldeCardido

4/21/2009

Homenaxe a seis fusilados do municipio


Unha vintena de veciños de Mugardos lideraron unha iniciativa que dará como resultado unha homenaxe popular a seis fusilados durante a guerra civil.
Trátase de Francisco Martínez Leira "Pancho", Manuel Bastida Franco "O Chone", Florentino Iglesias Varela, Joaquín Seco Franco, Román Díaz Díaz e Andrés Dopico Otero.
O acto prográmase para o día 1 do próximo mes de maio, coincidindo co día internacional dedicado ao proletariado, e consistirá nunha ofrenda floral no cemiterio de Meá, a partir das seis da tarde.
Segundo consta no escrito no que os organizadores deron a coñecer a súa iniciativa, trátase de recordar a "homes e mulleres proletarios que viviran e deran a vida na loita en favor da causa do proletariado galego e mundial: o socialismo; foran guerrilleiros ou non, estaban a favor do mellor para Galicia e a humanidade, non eran nin baldoleiros nin bandidos: a súa vida, os seus actos e a súa morte estaban inspirados nos mellores e máis altruistas principios republicanos”.

Diario de Ferrol

Ler Retallos da Memoria

Na capa de Chuza

2/07/2009

O verás cos nosos ollos

Emotiva homenaxe a Carmelo Teixeiro celebrado hoxe á beira da ermida de Caranza, para recordar o ano do seu falecemento. Foi descuberta unha placa na súa honra, esta placa repousa ao pé de tres castiñeiros plantados para recordalo... E ao fondo pódese ver a ría, na que foron esparexidas as súas cinzas a poucos metros da ILEGAL REGANOSA, desde onde é observada por Carmelo .
Video Susete70
Iolanda Díaz. Por Carmelo Teixeiro

1/29/2009

Carmelo, o verás cos nosos ollos

Organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, o Sabado, 7 de Febreiro, ás 12 h. no Parque (Carmelo Teixeiro) próximo a Ermida de Santa María de Caranza, celebrarase unha HOMENAXE A CARMELO TEIXEIRO, con invitación expresa a toda a cidadanía.

ferrolsuso.blogspot

arceibe.blogspot

En Chuza

Colectivo Ártabra 21

1/28/2009

Emotiva homenaxe a Amada García

Gabriel Toimil fillo de Amada García, fusilada aos tres meses de nacer leste

Celebrado onte no castelo de San Felipe, no lugar onde os fusís fascistas fusilárona xunto con outros sete veciños da comarca: Juan José Teijeiro Leira, José María Montero Martínez, Anxo Rodas Gelpi, Antonio Eitor Caniña, Ramón Rodríguez López, Jaime González Pérez e Germán López García.

memoriahistoricademocratica

Diario de Ferrol

1/23/2009

Homenaxe a Amada García en San Felipe

Amada García Rodríguez
Fai moitos, moitos anos, nunha vila galega chamada Mugardos, unha nova nai tiña por costume ler diariamente a prensa. Como era moi pobre pedíaa prestada a algún dos traballadores que diariamente tomaban a lancha para trasladarse a traballar á Bazán, Pero hete aquí, que uns homes terribles e uniformados fixéronse á forza co goberno legitimamente instituido e como sabían que os seus inimigos estaban no pobo intelixente, comezaron as represalias contra el.
Así a pobre e nova nai embarazada de varios meses fué encarcerada nun tenebroso Castelo á beira do mar, Alí esperaron a que dese a luz ao seu fillo e a continuación fusilárona. Como acusación? Haber bordado unha bandeira representativa do anterior goberno ( lexítimo) ¡Pobre muller! Se nin sequera sabía coser. O seu delito? Ler a prensa diariamente, tratar de informarse. Isto sucedeu en Mugardos no ano 1936 do século pasado.
A nova nai chamábase Amada García Rodríguez, e o seu nome está pendente de ser rehabilitado polas persoas de ben, Apúntasche?".
Homenaxe a Amada García