Hai libros soterrados baixo terra e tamén os hai soterrados polo silencio. Non porque non teñan interese. Ao contrario. Hai moreas de silencio sobre eles, xusto porque son moi interesantes. É o caso do que leva como un agoiro por título Muros de silencio, e por ben claro subtítulo: Corrupción y amenaza en la Ría de Ferrol, el caso Reganosa, do que son autores Carmelo Teixeiro, Enrique Barrera e Manuel Ángel Rodríguez Carballeira, e que está editado pola asociación Fuco Buxán.
Este é un libro que revirita malia o silencio. Que brinca por riba dos balados, das sebes e dos foxos. Velaí está contada polo miúdo toda a historia, a coñecida e a oculta, da gran planta de gas chantada no interior da Ría de Ferrol. Como é posíbel que se permitira o emprazamento de semellante complexo no interior da Ría? Dende a razón medioambiental, é un despropósito que non tería lugar en ningunha parte do mundo civilizado. Eu xuro que nunca me crin que for adiante, ata que espertei e Reganosa estaba alí. Por que esa teimosía en metela no medio do hábitat veciñal ao tempo que se cavaba un xigantesco porto exterior?
Ler gratis Muros de silencio, el caso Reganosa, 1ª parte
Sem comentários:
Enviar um comentário