6/23/2009

Volta Ángel del Real, volta o Prestige



Lembran o nome de Ángel del Real? Si, o capitán marítimo da Coruña que foi un dos tres altos cargos imputados polo caso Prestige, xunto co director xeral da Mariña Mercante, José Luis López-Sors e o delegado do Goberno en Galicia, o inefable Arsenio Fernández de Mesa. Pois acaba de ser nomeado presidente da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, en substitución de Amable Dopico, supoñemos que para agradecerlle os servizos prestados.

Galician Rights Watch

A asociación Amigos do Baa inaugura a súa sede


A asociación etnográfica e de defensa do medio ambiente Amigos do Baa (de Maniños, en Fene) organiza unhas xornadas culturais que comezan mañá e que serven ademais para inaugurar as súas instalacións. Están ubicadas no lugar no que se celebra a romaría do Pote e inclúen un espazo no que se celebrarán as conferencias e, enfronte, os muíños.
As actividades comezan mañá ás oito coa apertura dunha exposición sobre as embarcacións tradicionais do arco Ártabro. Ademais, Francisco Bañobre, biólogo e técnico de Adega para o proxecto Ríos, pronunciará unha conferencia.
O historiador Francisco Correa tomará o relevo o xoves 25 para falar do patrimonio arqueolóxico do arciprestazgo de Bezoucos.
Bernardo Máiz intervirá o venres 26 cunha charla sobre as embarcacións tradicionais da Ría de Ferrol.
Xa o sábado, desde as 19.30 horas, abrirase o Muíño de Pombal, onde funcionarán varios obradoiros artesáns. Ademais, explicaranse as funcións da entidade ós que se acheguen, así como a importancia da protección dos ríos. Como remate, cociñarase unha churrascada.

6/22/2009

Portos estudará as melloras solicitadas polos usuarios do peirao de Mugardos

Peirao de Mugardos, pulsa sobre a foto para aumentar, merece a pena (mikeldesings)

O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campaña, e o delegado provincial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, mantiveron un encontro cos armadores e usuarios do peirao de Mugardos no que lles foron expostos diversos asuntos relacionados coa problemática que afecta a este peirao respecto de diferentes aspectos que poden ser mellorables en opinión dos propios armadores.
A reunión tivo lugar no peirao da vila e alí atendéronse as diversas reclamacións, que Álvarez Campaña se comprometeu a estudar, talles como a petición de rebaixas nas taxas portuarias aplicadas aos pantaláns pola súa elevada contía ou o replanteamiento das parcelas sinaladas na chaira do peirao que resultan ineficaces -este é o motivo polo que solicitan a construción de casetas para usuarios-.
Tamén demandan a Portos de Galicia un estudo sobre o espigón de abrigo de Punta Ratón, xa que pola súa reducida lonxitude, os pantaláns quedan desprotexidos da maioría dos ventos, o que fai perigoso a atracada das embarcacións, así como o uso profesional do antigo peirao. Outra das peticións é a colocación de novos pantaláns, unha rampla ao nivel da existente no peirao antigo e o uso da Casa do Reloxo. Así mesmo, os armadores e usuarios do peirao expuxeron outra das súas necesidades relacionadas co transporte marítimo en lancha -plan metropolitano ou plan de viabilidade turística-, ademais do acondicionamento do peirao do Seixo e a construción dunha rotonda, xa que a súa estreiteza fai inviables algunhas manobras dos vehículos.

Diario de Ferrol

6/20/2009

Concentración de hoxe polo 47º gaseiro

Concentración hoxe do Comité Cidadán


Ante a entrada do "LNG Hispania Spirit", 47 gaseiro ilegal na ría de Ferrol o Comité de Emerxencia protagonizou a súa 47 protesta digna e lexítima.


Antes de que suceda unha catástrofre

“Impresións” desde A Bestarruza

Xavier Correa Corredoira, cun grupo de alumnos cos que acudiu á praia da Bestarruza
Alumnos da ESO e de Bacharelato do IES Mugardos saíron onte cara á praia da Bestarruza acompañados polo artista Xavier Correa Corredoira. Alí descubriron outra forma de mirar a natureza e, cal impresionistas, fixeron os seus propios debuxos a partir dunha experiencia única para vivir a arte como algo propio.
A arte contemporánea está separada da sociedade por unha manchea de prexuízos e tamén polos propios erros comunicativos de quen a fan e a dan a coñecer. Pero no instituto de Mugardos están convencidos de que non hai tal abismo entre creadores e poboación e menos cando se trata de rapaces, abertos como ningúen ó coñecemento. Por iso, por iniciativa do profesor Juan Carlos Freire e co apoio de Manuel Pousa e Marta González, desenvolven desde hai uns meses o programa “Isto faino un neno: como entender a arte contemporánea”. Dentro deste proxecto, polo que se interesaron xa outros centros educativos, incluiuse a presenza en Mugardos do artista Xavier Correa Corredoira.
Rapaces de primeiro da ESO e de Bacharelato desprazáronse con el á praia da Bestarruza. Alí, Correa Corredoira falou con eles da percepción da natureza, do proceso creativo, das cores do mar, dos horizontes... Todo un universo persoal que transmitiu cunha enorme capacidade comunicativa e que tivo “enganchados” ós rapaces de principio a fin. Ademais, igual que se foran artistas impresionistas á captura da luz (ou do vento que soprou en Mugardos na mañá de onte), fixeron os seus propios debuxos do entorno.
Correa Corredoira impartiu á tarde unha conferencia no instituto e despois, xunto con varias figuras da arte galega que colaboraron co proxecto do IES Mugardos, fixo un percorrido pola exposición que ocupa o centro e que o converte nun museo de arte especializado na divulgación das propostas contemporáneas.
Ó longo das últimas semanas, varias obras foron ocupando o espazo. Trátase dun percorrido desde as vangardas de comezos do século XX ata as tendencias máis actuais, pasando pola arte galega e por obras cedidas por estudantes de Belas Artes. Munch, Magritte, Antonio López, Warhol, Picasso, Pollock, Duchamp, Bacon, Hopper, Gauguin ou Mondrian, entre moitos outros, conviven co propio Correa Corredoira, Jano Muñoz, Miguelanxo Prado ou Seoane.
“A miña idea era que o colexio fose unha especie de museo de arte contemporánea, para achegalo á xente e explicalo”, comenta Juan Carlos Freire. Os rapaces foron moi receptivos a unha proposta que os abrangue a todos, sen diferencias nas optativas que elixiran. Nas últimas semanas houbo charlas con artistas, proxeccións e mostras que atraeron incluso a alumnos de Primaria dos colexios da zona. Aínda que a actividade non estaba planificada para eles, “foi moi ben, teñen unha receptividade tremenda”, explica Freire.
A idea está xa a ser estudada por outros centros, que pasarán por Mugardos en verán. Ademais, para o ano que vén teñen pensado ampliar o seu eido de actuación á escultura, á arquitectura e á fotografía. Tamén traballan nunha obra que sexa un complemento didáctico.
Máis alá de metodoloxías e clasificacións, do que se trata e de entender a arte como algo propio. “Temos que vivila e sentila”, puntualiza Freire.

Luz verde ao borrador do convenio para o museo arqueolóxico

Xacimento Romano de Caldoval


No seo da comisión de Cultura celebrada onte, os grupos do BNG e PP de Mugardos ditaminaban a favor do borrador do convenio que dará lugar á posta en valor dos restos arqueolóxicos da vila romana afectada pola ampliación de Reganosa. Ao amparo do mencionado acordo crearase o museo no que, "en breve", tal e como se apunta desde a Alcaldía, exhibiranse os restos recuperados na zona de Caldoval.
No desenvolvemento do convenio están implicadas as administracións autonómica e local e Reganosa. O asunto, no entanto, terá que salvar o último trámite no pleno de xuño.

6/19/2009

Perigo!! gaseiro 47 cargado con GNL para Reganosa

"LNG Hispania Spirit" entrando na Ría de Ferrol o 23/07/2007

Está previsto que mañá sábado, 20 de Xuño entre o buque gaseiro "LNG Hispania Spirit" cargado con miles de toneladas de GNL, dentro da Ría de Ferrol.
Ante isto O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unha CONCENTRACIÓN o sábado, 20 de Xuño ás 19:00h fronte á Praza Amada García (Edificio da Xunta de Galicia), en Ferrol, para amosar a súa desconformidade coa entrada na Ría de buques cun cargamento tan perigoso como é o GNL, e para denunciar a corrupción e o despropósito gasístico que representa Reganosa, esixindo o seu desmantelamento xa!
Con este serán 47 os buques gaseiros cargados con GNL que van a entrar na Ría de Ferrol.
Antes de que suceda unha catástrofre

6/16/2009

Denuncian ante Sanidade os malos cheiros que saen da petroquímica

A Asociación de Vecinos "O Cruceiro de Meá", de Mugardos, denuncia ante a Consellería de Sanidade os danos provocados aos veciños desta localidade como consecuencia dos fortes cheiros que se rexistran nesta parroquia mugardesa como consecuencia da actividade diaria da petroquímica (Forestal del Atlántico) instalada en Punta Promontorio. Desde a entidade veciñal recordan á titular de Sanidade, Alicerce Farjas, que o pasado 30 de setembro de 2008 presentaron un escrito ante a súa predecesora sen obter ningún tipo de resposta.
Segundo a denuncia, numerosos veciños de Meá víronse afectados de diversos problemas de saúde, entre os que citan cefaleas, náuseas, irritacións oculares e dificultades respiratorias, entre outros problemas, que achacan á presenza da referida compañía química. Estes feitos tamén foron denunciados no seu día ante a Garda Civil e o Concello.
Desde a AVV piden ser recibidos pola titular de Sanidade e solicitan que se faga un estudo da orixe destes problemas. Tamén se preguntan polo elevado índice de cancro que se rexistra, segundo a entidade, en Ferrolterra.

6/15/2009

Enagás inicia negociacións para a compra de activos de regasificación

Capa de ferrolsuso.blogspot.com/

Enagás iniciou "en semanas recentes" negociacións con varios accionistas de plantas de regasificación e de almacenamentos subterráneos de gas con vistas á compra dalgún destes activos, anunciou hoxe a compañía, que asegura que as conversacións "poderían concluír potencialmente nunha transacción".
O grupo presidido por Antonio Llardén expresou en varias ocasións o seu interese por estes activos sen anunciar ata o momento o posible peche dunha operación. En abril, o xestor técnico da rede gasista dixo que podería comprar participacións de Unión Fenosa e Iberdrola en regasificadoras se venden a un prezo razoable.
Na actualidade, existen seis regasificadoras en España, das que tres -Barcelona, Cartaxena e Huelva- son propiedade de Enagás, mentres que en dúas -a valenciana de Sagunto e a galega de Mugardos- participan eléctricas como Iberdrola ou Unión Fenosa, que se atopa en pleno proceso de fusión con Gas Natural. [Ler máis]

6/14/2009

O Eume enfrontaráse ao Meirás na final da Copa da Ría

Campo de Prados Vellos, do Numancia de Ares

O Eume Deportivo empatou esta tarde no campo da Gándara de Pontedeume co Numancia de Ares (1-1). Os de Pontedeume pasan a eliminatoria, dado que no partido de ida empataron a 2 goles e fixeron valer o valor doble dos tantos en campo contrario.
Enfrontaránse ao Meirás na final de Copa o sábado no campo de Prados Vellos de Ares, un equipo descendido da Primeira Autonómica co conxunto que quedou campeón da Segunda Autonómica.